Isabel Flores expón na Clínica Aiemá

Durante os meses de febreiro e marzo, dentro do proxecto “Na espera”, podedes visitar na Clínica Aiemá de Santiago de Compostela a exposición “Fronda”, de Isabel Flores, unha serie de acrílicos, collage e obras en impresión Lambda, nas que a autora utiliza a imaxe como metáfora para establecer un xogo co espectador/a. Isabel Flores achéganos tamén á filosofía oriental, á tradicción taoísta, aspectos nos que ela traballase dende hai tempo.

Na espera no COG: Noemí Lorenzo

Pegadas é a exposición de pintura e gravado de Noemí Lorezo que podemos ver no Centro Oncológico de Galicia ata finais de marzo. Según nos conta ela mesma, trátase dunha serie que comeza no 2005 a influencia do grupo francés Supports-Surfaces, e versa sobre o proceso creativo, o soporte, os materiais e os moventos do pincel, case, en palabras da artista, “coma quen escribe unha carta de amor”.

Creatas I Feira de arte independente (Betanzos, antigo Matadeiro 22-30 decembro)

logoO colectivo arTeu, xunto con La Madriguera, estamos a organizar, para este Nadal Creatas, I Feira de arte independente en Betanzos. Será no antigo Matadeiro de Betanzos, durante os días 22 ao 30 de decembro (pechamos o 24 e 25). Nela participamos 12 artistas de Betanzos e a súa contorna (Carlos Botana, Pilar Cancio, Teresa Candal, Nieves CAstrolara, Inma Doval Porto, Mercedes Mored, Isabel Pintado, o colectivo Plankton, Polo e Xacobe Meléndrez Fassbender) e tres artistas portuguesas (Renata Carneiro, Miriam Rodrigues e Teresa Pedroso).

Este é a imaxe creada por Nieves Castrolara para identificar a Feira. Editaremos un pequeno catálogo en papel, tamén deseño seu.

Haberá tamén varias actividades durante a mostra, concertos, obradoiros artísticos e poesía. Contamos na equipa con Xosé Taboado Durán, que coordina todas as actividades musicais: ademáis del acturán Doa, César e Brais Morán, Paco Campos e Quintas Canella grupo. Todos eles presentarán os seus últimos discos. No eido das letras teremos con nós a Eva Veiga que presentará os seus últimos poemarios. O programa aínda non está pechado, polo qeu é posible que haxa novas incorporacións.

Promove o Concello de Betanzos e colaboran: a libraría Biblos, a escola de música Clave e o Rastro de Merce. E quen o desexe poderá tomarse alí un viño e degustar algún dos fantásticos pinchos que preparan na Artesa da moza crecha.

Toda a información estará dispoñible na web http://creatasbetanzos.tumblr.com/ na que iremos anunciando cada un dos eventos.

Ysabel Rumbo expón na Clínica Aiemá

Trajetongalego

 

As obras de Ysabel Rumbo pódense ver na Clínica Aiemá de Compostela durante os meses de outubro e novembro. A mostra xira arredor dos “alebrijes” mexicanos, seres imaxinarios que foron inventados en 1936 por Pedro LInares López e qeu hoxe en día son moi apreciados en México.

 

Duas exposicións de fotografía no COG

pereiraaloAte principios do mes de outubro presentamos nas salas de espera do Centro Oncológico de Galicia duas novas exposicións de fotógrafos portugueses reunidos entorno ao tamén fotógrafo Pereira Lopes.

Por un lado está s exposición individual de Pereira

“do meu PORTO de vista…” composta por vinte imaxes de paisaxe urbano, que fan reberencia e referencia á cidade de Porto   “unha cidade que adoro e que a fotografía me ten levado a redescubrir e integrar no proxecto.

Pereira cita a Jósé Saramago para presentar esta colección: “Afinal, para verdadeiramente honrar o nome que tem, é, primeiro que tudo, este largo regaço aberto para o rio, mas que só do rio se vê, ou entâo, por estreitas bocas fechadas por muretes, pode o viajante debruçar-se para o ar livre e ter a ilusâo de que todo Porto é a Ribeira.”

Halo é o colectivo fotográfico no que se integra xunto cos fotografos, Daniel Lopes e Henrique Zorzan. E complementan a visión urbana  de Porto cunha serie de idílicas imaxes da paisaxe montañosa dos Picos de Europa.

Marité Prieto expón na Clínica Aiemá.

mariteTARXETON_Arteu_Aiema_1

 

Marité Prieto é pintora autodidacta, forma parte do grupo SketchCrawl Galicia, con quen percorre cidades e espazos que recrea con cores. Tamén adoita escribir poemas nos que deixa pegada de todas as lembranzas da nenez, dos lugares que a acollen, a natureza e a memoria. A exposición Pel de lapis pódese visitar na Clínica Aiemá de Compostela durante os meses de agosto e setembro.

Novas exposicións “na Espera”

oncolóxico 1peqDurante os meses de xuño e xullo hai dúas novas exposicións nas salas de espera do COG e Aiemá. No Centro Oncolóxico de Galicia podemos ver unha exposición colectiva de pintura e gravado. Trátase do colectivo creado hai poco na Coruña, Independencia 28, formado por Carlos Botana, Polo, A Flaira, tarxetindep28bpeqAlberto Franco, Chelo Facal, Gabi e Rocke.

TarxetonBmodAIEMAnovopeq TarxetonBmodAIEMAnovo

 

 

 

 

E na Clínica Aiemá de Santiago de Compostela, exposición fotografica “Do meu Porto de vista“, do artista portugués, Pereira Lópes, nas que amosa a súa visión da cidade do Porto.

nova exposición do proxecto “…na espera” no Centro Ocolóxico de Galicia frorito dunha colaboración co iNstantes, Festival Internacional de Fotografía de Avintes

O iNstantes –  Festival Internacional de Fotografia de Avintes, chega agora tamén ao Centro Oncolóxico de Galicia, cunha exposición colectiva de Ana Robles, Pereira Lopes e Henrique Zorzan. Esta nova exposición fotográfica é froito da colaboración de arTeu co iNstantes Festival Internacional de Fotografía de Avintes.

“Colonos e Guaraníes”, de Ana Robles (Argentina) Mostra que retrata o avance dos colonos e o retiro dos indíxenas na Amazónia arxentina. Galardonada con múltiples premios a nivel internacional.

“20 poemas en remanso”, de Pereira Lopes (Portugal), son as fotografías que abriron un diálogo con 20 poemas de Carmen Muñoz (Cáceres, 1969) e que fan parte do libro editado co mesmo título. Cando Carmen Muñoz se cruzou coas fotografías de Pereira Lopes, sentiu un bálsamo e con elas veu de novo un remanso de pensamentos e inspiración poética. As fotografías retratan paisaxes de Cecebre, Fisterra, Avintes e Porto (Portugal). É un xeito de apreciar a lingua e as paisaxes galegas e portuguesas e así eliminar a efémera fronteira que existe entre eles.

-“Mar Adentro”, de Henrique Zorzan (Brasil) O destino levou ao autor a Portugal, a un país con 942 km de costa e unha beleza litoral enorme. Alí despertou a súa paixón pola fotografía de paisaxes. Un solpor dourado e case sempre repleto de nubes para crear o contraste co azul do ceo. Este conxunto de oito fotografías pretende homenaxear un pobo de valentes navegantes onde se iniciou unha era de descubrimentos valiosos para a historia da humanidade.