Continúa o Paralelo 43º 21′ 45″ A Coruña

O sábado 8 foi o turno das actuacións musicais, a praza das Conchiñas encheuxe de xente para escoitar a Tumablobos, Xurxo Souyto, Axlubi-X, Papis Diao e Mr Thiepe, Pinnacle. Logo continuou a festa no Tsunami coa maravillosa actuación dos “Fresquiños”, fantásticas voces, letras cheas de poesía… Ás 23 horas tocoulle a Chamito el Flako e a Ekilibrio, na Xesta, que estaba chea de xente.
Por mor do fútbol tivemos que variar un pouco o programa, cambiar a Fresquiños, que debían actuar na Colmena, por Tsunami.

Tíñamos prevista a actuación do grupo “Los del sur”, que abrirían o festival, pero finalmente, por motivos alleos á nosa organización, non puideron facelo, o cal sentimos moito todxs.

Queremos agradecer a todxs os grupos que participaron a súa colaboración desinteresada neste gran festival, e tamén a toda a xente que se achegou a escoitalos.

O vindeiro sábdo, 15 de maio, perto do día das letras galegas, teremos recitais de poesía:

– Comezaremos polo “Mercado da poesía”  no Mercado das Conchiñas, no que participarán:

Celso Álvarez Cáccamo, Dores Tembrás,Eduardo Estévez,  Emma Pedreira, Eva Veiga, Francisco F. Naval, François Davós, Luis Maças, Xosé Luis Otero Cebral,  Maria Lado, Maruxa Martínez Baleirón, Mercedes Molares, Natalia Margalejo, Pedro Casteleiro, Ramiro Torres, Xavier Seoane, Xoán Abeleira, e poetas de “Os diversos” (Mou, Concha Parga, ängeles Cuperio, Mercedes Molares, Maika Rivas, Eusebio Freire…). Todos eles  acompañados da música de Dubi Baamonde, Cesar Morán e Rubén Barros.

– Xa na tarde, ás 20 horas, ao final da rúa Barcelona, haberá outro recital, o “Slam Propólis” con 4 poetas: Aurora Abelaidas Vilariño, Ramón Charliú Osores, Papis Diao e Nico, acompaña a Danza Duende de Cristina Morán.

Non volos perdades.