O sábado que ven: plásticas e visuais no barrio

Aínda que ao longo da semana engadiremos máis novas sobre o vindeiro sábado, adicado ás artes plásticas e visuais, aproveitamos agora para poñer o enlace ao blog de Serial Experiments, no que hai unha fermosa reseña ao noso festival. Mariña Eiroa e David Pazos, autores de Serial Experiments estarán con nós ese día cunha charla de anime experimental no local da asociación Posición B (Galerías Sta Margarita) ás 18 horas. Queremos agradecerlles a súa participación neste festival.
Previa á charla de anime experimental, David e Mariña proxectarán dous cortos de  Koji Yamamura: Franz Kafka, un médico rural, adaptación do relato do mesmo nome de Franz Kafka, e  Bavel´s Book, baseaado no libro de Jose Luis Borges: El libro de los seres imaginarios.
Durante a charla se achegará ao autor dos cortos falando das súas técnicas e ifluencias, e ademáis nos darán as claves para entender o concepto de anime experiemental. Podedes ver máis no seu blog.