Sábado 29: moitos eventos e sorpresas nas Conchiñas!!!!!!!!!

Como sabedes, o programa do vindeiro sábado dentro do festival Paralelo 43º 21′ 45″ A Coruña vai ser moi completo, se queredes asistir e participar en todo ides ter que andar ás carreiras (je, je). Podémosvos asegurar que se vos achegades ao barrio das Conchiñas-Agra non vos arrepentiredes. Aquí deixamos unha completísima programación. Os eventos terán 4 lugares de acción: Mercado das Conchiñas, Posición B (galerías Sta Margarita), final da rúa Barcelona e Praza das Conchiñas e durarán dende as 11.30 ata ás 24 horas:

MERCADO DAS CONCHIÑAS : 12 h proxección de “Os soños do mar” de Daniel López (Mandeo Records)

POSICIÓN B

 13 h. Proxeccións em super 8, interesante traballo presentado por Fernando Pujalte, sobre este soporte recente pero xa antigo.
18 h. Charla de “anime experimental” com David Pazos e Mariña Eiroa
Previa á charla de anime experimental, David e Mariña proxectarán dous cortos de  Koji Yamamura: Franz Kafka, un médico rural, adaptación do relato do mesmo nome de Franz Kafka, e  Bavel´s Book, baseaado no libro de Jose Luis Borges: El libro de los seres imaginarios.
Durante a charla se achegará ao autor dos cortos falando das súas técnicas e ifluencias, e ademáis nos darán as claves para entender o concepto de anime experiemental. Podedes ver máis no seu blog.
19 h. Sinatura de fanzines:

  • Sinónimos de lucro 
    “fanzine de variedades” no que se mixtura sen vergoña algunha cómics, ilustracións, entrevistas, relatos, fichas ou o que se tercie nun formato cómodo de 48 páxinas.
    Con tan só dous números no lombo, sinónimos xa pasou por mulititude de tendas, blogs e presentaciones tales como o salón de Barcelona, el Fnac, e agora o noso Paralelo 43 21 45 entre outros.
  • La mancha negra de Mariano Casas. Premio Castelao BD 2009, con Mensaxes
    Historia dun personaxe sumido en moitas crises: non só a persoal tamén a social, cultural, e sobre todo, económica que lle rodea. Odisea dun personaxe que aprendeu a vivir sen esperar nada, observar o mundo cunha mixtura de desdén, ironía e optimismo, mientras todo ao seu redor desmoronase.
  • Os lobos de Moeche de Manel Cráneo. 
    Despois de máis de 16 anos escribindo historietas curtas para fanzines e revistas, Manel afronta a súa primeira aventura gráfica en solitario despois de que a editorial Dibbuks apostara fai dous anos por Damsmitt, obra que fixo en colaboración con Kike Benlloch e que ata agora supuña a súa única obra en formato longo.
    Os Lobos de Moeche é unha historia de aventuras que transcurre a finais do século XV e que entremezcla personaxes históricos con outros de ficción nunha trama onde se producen varios saltos no tempo e que está salpicada de dramatísmo, violencia e sentimentos profundos. A obra sairá publicada pola nova editorial “Demo” en colaboración coa entidade Euroeume.

 20 h. Proxeccións de mediametraxes e cortos, que contarán coa presentación dalgúns dos seus autores:

  • O laberinto ario de Alfredo Pardo Hermida 
  • (m)2 de Xosé Abad, por Sandra G. Rey (estudio E.A.F.) 
  • Elixido (ver parte 1 – parte 2) de Chema Gagino (premio Mestre Mateo 2009 Mellor curtametraxe de ficción) 
  • Dies Dei de Nani Matos. 3º premio do xurado e premio do público na séptima edición do festival Internacional de Cine Solidari, CLAM 10 (Navarclés, Barcelona)
  • Cajón desastre e El escritor de destinos, de Caamaño Castro 
  • Nemo de Miguel Mariño e Ari Camiño (Alén Filmes)  (premio Mestre Mateo 2008, Mellor obra experimental).

 22 h Sesión VJ: Mercedes benz 220

 FINAL DA RÚA BARCELONA

 17 h Sesión demo de graffiti e “pulpo reggae sound” con Jacobo Jaspe (Pilo).

22 h Proxeccións na propia rúa dunha compilación de videos que non sobrepasan os 10 minutos:

 PRAZA DAS CONCHIÑAS: OBRADOIROS DE GRAVADO, BATIK, ABALORIOS DE RECICLAXE, PLÁSTICA INFANTIL E BROCHES DE FELTRO e exposición de obras dos artistas que imparten os obradoiros
Entre as 17 e as 20 horas podes achegarte ás carpas para escribir no libro “O teu barrio ideal” e poñer aquelo que cambiarías ou che gustaría que fixeran nel.

Permanecen montadas as exposicións artísticas en 45 establecementos comerciais: peluquerias, xoierías, froiterias, talleres mecánicos, bares… onde oleos, gravados, fotografías, vídeos, instalacións, esculturas, maquetas… conviven coas meracadorias, promocionando cultural e comercialmente o barrio e facendo que o público acceda a arte no seu día a día.