Fantástica quedada do pasado domingo de “Os espontáneos”

O pasado domingo 8d8ás8 acudimos perto de 50 persoas á convocatoria “os espontáneos”. Cadaquén levaba a súa obra, uns pendurada do pescozo, outros ondeando coma unha vela ao vento, nas máns, impresa nas costas nunha camiseta… Cando alguén debe pasear cunha obra de arte a imaxinación traballa á procura do xeito máis cómodo e visual.
Non podemos nomear a todos/as asistentes xa que éramos moitxs. Sentámonos frete ao antigo cárcere da Coruña coas nosas obras expostas ante a mirada dalgúns transeuntes, depois camiñamos cara á torre de Hércules e deitámonos fronte ao sol na rosa dos ventos. Fermoso o solpor, fermosos os versos que ramiro Torres, Natalia Margalejo e Concha Parga, escribiron e leron para nós, fermosa tamén a versión da garota de Ipanema que Laso interpretou coa guitarra acompañado dunha fermosa voz espontánea. Simpático o pasaxe qeu Alicia leeu de Wenceslao sobre A Coruña, comparándoa cunha nave mariña, e maravillosa, en definitiva, a compañía de tanta xente, vellos e novos amigos.
Habendo tamén “fermosas” palabras, sobran o resto, así que deixo unha pequena descripción dese momento feita por Concha Parga: “… Estivemos un anaquiño  no paseo marítimo coma  unha “exposición itininerante” cada quen coa súa obra (eu levaba un poema imprimido na parte traseira  da camiseta ) e logo camiñamos xuntos cara á Torre. Dende alí, despois dunha  divertida sesión fotográfica, un do grupo encargouse da “reportaxe”, seguimos camiñando cara a Rosa dos Ventos e sentamos  sobre o seu círculo, escoltados polo Faro de Hércules  e o mar.
 Entre o vento e o sol que agonizaba tinxindo de vermello o horizonte: as cores dos cadros competindo coa luz do crepúsculo, versos, prosa, música e canción . … Foi  unha desas tardes que semellan  pararse  no tempo. Un grupo de xente que cre na súa obra e que non precisa apreixoala entre as paredes dunha  galería de arte ou entre as páxinas dun libro,  pinturas  penduradas do sol , versos voando entre as oquedades do espacio, música  e canción na procura da   última claridade do día… O arte libre sobre a Rosa dos Ventos  coma símbolo de universalidade…

Fotografías de Eduardo Castro
Fotografías de Paz Vicente
Fotografías de Jorge (Marcoarte)