A partir do 15 de decembro levaremos a unha chea de artistas a encher os establecementos comerciais de arte: tendas de roupa, peixerías, farmacias, axencias de seguros, bares, charcuterías… O noso propósito coma sempre é achegar a arte á sociedade e, neste caso, dinamizar un pouco o pobo con motivo das festas do Nadal. Pronto teredes máis información, un mapa cos establecementos e artistas que participan e moitas fotos. Acheádevos a Cambre a pasear polas rúas, a facer as compras do Nadal, a tomar uns viños, a cear… e sobre todo a ver tan fermosas obras.
Este ano que o sei a tempo voulles mandar facer á rapaza do David Buján algunha actividade sobre os cadros no Nadal. Probablemente lles mande facer unha historia sobre algún dos cadros. Son de 1º da ESO. Xa vos contarei se fan algo ou non. Un saúdo. Mar