Isabel Pintado e Gustavo García Roig, “…na espera”

Durante o mes de xuño e xullo permanecerá colgada na Clínica Aiemá de Santiago a exposición “O mundo habitado” de Gustavo García Roig, dedicada á máxica presencia protectora da guardiana do dolmen de Axeitos.  Acompaña a exposicón a poesía de François Davó.

“…na espera” organizase tamén na Coruña, no Centro Oncolóxico de Galicia, na que nos vindeiros dous meses poderase contemplar as pinturas de Isabel Pintado nas que a luz xoga coas delicadas cores das obras.

Estas exposicións forma parte do proxecto do colectivo arTeu denominado “…na espera” que pretende buscar novos camiños para a comunicación artística, sendas complementarias as comecerciais e museísticas, que acheguen a arte ao cotiá, aos artistas ao seu público. Neste caso, trátase de achegar a arte aos doentes e familiares, facendo máis amena a espera.

Unha reflexión sobre “Isabel Pintado e Gustavo García Roig, “…na espera”

  1. Pingback: Xacobe Meléndrez Fassbender «Na espera», no COG | arteu

Os comentarios están pechados.