Obradoiro de litografía sen auga

En abril organizamos, xunto ao espazo de gravado Khavú, un obradoiro de litografía sen auga sobre pranchas de offset, con transfer e con debuxo directo. O profesor é Juan Sebastián Carnero, artista arxentino especialista nesta técnica. Será en Khavú (A Coruña) os días 6 e 7 de abril (sábado e domingo). Prazas limitadas, grupo de 10.
Inscripcións do 13 ao 25 de marzo:

mquian@mac.com
652101933

 

Grabado para las tablas de skate “Don Juan” Octubre-noviembre de 2013

Juan Sebastián é un fantástico artista, que ademáis aplica as técnicas do gravado a moitos obxectos cotiáns: ten a súa propia marca de skates “Don Juan”, gráfica aplicada a coiro, tea, madeira (cadeiras, cortinas, camisetas, cadernos…). No seu blogue veredes moitas das súas experiencias. Realizou as ilustracións para algúns libros e un disco, e tamén nesas datas poderemos asistir á exposición e presentación deles na libraría Biblos de Betanzos.

Juan visita o noso país para asistir á inauguración dunha exposición de ex-libris, na que el participa, un proxecto de intercambio entre Portugal, España e Arxentina, e organizado por arteu e Inkprintgroup (Porto).