Visita de Juan Sebastián Carnero

Este xoves inauguraremos a exposición de Ex-libris na Fundación CIEC. Este proxecto está organizado por arTeu e Inkprint Group (Porto), e é o CIEC chega depois de pasar por Porto e a Biblioteca da Facultade Ciencias da Educación da Universidade da Coruña. Nel participan 20 artistas: Ariel Kofman, Carmen Cierto, Cristina Camargo, Inma Doval, Isabel Pintado, Juan Sebasatián Carnero, Manuel
Ramos, Manuel Silvestre, Paz Amorim, Maribel Longueira, María Verdugo, Mariana de Castro, Miriam Rodrigues, Mercedes Molares, Nacho Baamonde, Renata Carneiro, Roberto Suárez Brandariz, Rosa Puente, Susana Bravo e Teresa Pedroso.

Este proxecto naceu a partir dun obradoiro sobre o proceso de creación dun ex-libris relaizado por Juan Sebastián Carnero, artista arxentino especializado neles, e que tivo lugar na marabillosa cidade de Porto, organizado por Inkprint Group. Arteu convida a Juan Sebastián a unha estancia artística en Galicia, na cova de Cecebre, durante a cal realizará varias actividades:

Xoves 3, ás 20 horas: asistirá á inauguración da mostra na Fundación CIEC.
Sábado 5 e domingo 6 de 10 a 14 horas: impartirá un obradoiro de litografía sen auga, no taller Khavú, da Coruña (Industrial, nº 9).
Sábado 5 ás 20 horas: presentará na libraría Biblos de Betanzos, os libros La ciudad ambulante, de Darío Semino e Mensajes en una botella, de Viviana Campo ilustrados por el, inaugurando ao tempo unha mostra con ditas ilustracións.

imaxe do seu blogue

Juan Sebastián Carnero ten unha grande traxectoria artística, acadando numerosos premios internacionais, polo que é esta unha grande oportunidade para coñecer a súa obra.

Despois da súa estancia aquí continuará ata Porto, onde está convidado por Inkprint Group para impartir outro obradoiro de litografia sen auga, e finalmente irá a Barcelona onde participará no XXXV Congreso Internacional de exlibristas, convidado por Mariano Casas Hierro.

Unha reflexión sobre “Visita de Juan Sebastián Carnero

  1. Verémonos despois. Grazas por iniciativas como esta e, en xeral, por todo o que sae de Arteu. Bicos e apertas. Chisco

Os comentarios están pechados.