Obradoiro de Cianotipia

cartacesetembrolistoAgosto é mes de vacacións para moitas e moitos, polo que nos vemos na obriga de cambiar as datas do curso de cianotipia, esperando que o mes que vén xa esteades todas e todos aquí e vos apeteza anotarvos. Será os días 13 e 14 de setembro, de 10 a 14 e de 16 a 20 horas, no local da Asociación Cultural e Deportiva Garrulaxe(Cecebre).
Organiza: Asociación Cultural e Deportiva Garrulaxe e o colectivo artístico arTeu.
Imparte: Teresa Pedroso (Portugal)
Destinado a: Adultas/os que desexen iniciarse nunha técnica que ofrece gran cantidade de posibilidades artísticas (fotografía, pintura, gravado…). Tamén ten aplicación para botánica, para realización de ilstracións.. Maiores 16 anos.
Prezo: 40 € (material incluído), socias e socios 30 €.
Mínimo 7 alumnas/os e máximo 12.
Matrícula: Deberá facerse o ingreso no nº de conta ES52 2080 0048 2430 4000 3301 (asunto: Curso cianotipia), antes do 29 de agosto, e enviar un correo co xustificante a garrulaxe@gmail.com.

Unha reflexión sobre “Obradoiro de Cianotipia

  1. Hay plazas todavía ?
    Acabo de ver el post que ha puesto Begoña .
    Gracias
    Marta Corcuerann1nn1

Os comentarios están pechados.