Luz Beloso e Miguel Ángel Alonso Diz expoñen no COG

belosoDurante os meses de febreiro e marzo, no Centro Oncolóxico de Galicia pódese visitar unha exposición con ilustracións de Luz Beloso e textos de Miguel Ángel Alonso Diz. Forman un equipo fantástcio que xa conta con catro álbumes ilustrados: O cullarapo Croque, A nena á que non deixaban ser feliz, O soño de Esther e O valente coello que quixo soñar. Ademáis Miguel Ángel ten varios libros de poesía e participacións en obras colectivas, e Luz Beloso ten realizado numerosas exposicións. Nesta ocasión podemos ver algunhas das ilustracións de O cullarapo Croque e A nena á que non deixaban ser feliz, que enchen de cor e alegría o COG.

12525619_10206966285569832_4646195429112189461_o 12633604_10206966283649784_8604829103383350487_o 12633516_10206966286529856_7174335830953350057_o 12628390_10206966286169847_4009407230115814252_o