arTeu en Cambre 2010

Un ano máis arTeu leva a arte aos establecementos de cambre durante o Nadal. Nesta ocasión contamos coa colaboración do Concello de Cambre, que fai posible a edición dun pequeno folleto cos establecementos e artistas, e da Asocación de Empresarios, que trasladou a nosa proposta aos distintos establecementos. Esperamos que esta colaboración medre para poder facer cada día algo máis grande. A sociedade e a arte o agradecerá.

Mañán montaxe de todas as exposicións nos establecementos de Cambre e a partir do xoves 16 de decembro poderán visitarse, ate o día 8 de xaneiro. As obras están en exposición e venda.  Aquí vai o folleto que se repartirá impreso e no que aparecen todos os artistas e establecementos que participan. Houbo unha baixa, Diana Aichitson, no seu lugar, na zapatería Rocco Shoes, expoñerá Carolina Martínez unhas fermosas fotografías. non vos perdades esta macroexposición.

Folleto artistas – establecementos arTeu en Cambre 2010

Aquí deixamos algunhas novas na prensa destos días comentando esta nova edición de arTeu en cambre

La Opinión, 17 de decembro

La Opinión

Tamén podedes ver nestas fotos o fermosos que quedaron os establecementos coas obras de tantos artistas: Katús Otero, Mónica Santos Godoy, Eduardo Castro Bal, Carlos Botana,… Inma Doval, Juan Ondategui, Omar Kessel, Carolina Martínez, Cristina Crespo, Sara Rodríguez, Paula Tomé, Miguel Melero, Diego Corral, Xulia Vicente, Uxía Larrosa, Antía Esteban, Paz Vicente, Begoña Pastoriza, Roberto Castro, Suso Cubeiro, Ovidiu Batista, Xacobe Meléndrez, Manoel Bonabal, Maribel Longueira e Noemí Lorenzo. E ademáis unha demostración de pintura con acuarela feita por Suso Cubeiro na Libreira, onde están expostas algunhas das súas obras de ilustración.