Paco Rocha expón actualmente 10 fotografías nas salas de espera da Clínica Aiema, en Santiago de Compostela, a serie «Ausencias e presencias». A exposición enmárcase dentro do proxecto «… Na espera», de arTeu.
Arquivos do autor: arteu
Berros no roncar das ondas
Video da exposición de Xacobe Meléndrez Fassbender «Berros no roncar das ondas», fotografías suas con versos de Bernardiño Graña, penduradas nos balcóns da rúa do Carmo en Carril. As fotografías foron creadas para os X Encontros de Embarcacións Tradicionais. Aquí quedan algunhas fotos da exposición realizadas por Maribel Longueira.
Video da presentación
Paco Rocha «… na Espera»
Nova exposición de «… na espera», nesta ocasión e durante os meses de agosto e setembro podedes ver a exposición de fotografía de Paco Rocha, que baixo o tíduo «Ausencias e presenzas» presenta unha serie de fotografías realizada en branco en negro.
Enarborar o bosque
Xa quedou enarborarado o bosque, perto dun centenar de persoas achegáronse á Carballeira de Chaián o pasado domingo 4 de xuño para compartir con nós este acto en defensa do noso bosque. 50 creadoras e creadores, pintura, música, maxia, escrita, escultura… realizando e compartindo as suas obras á beira do Tambre, algo máxico (Deli Sánchez, Nando Pereiro, Nolo Suárez, Marina Cocos, Celia Pías, Carlos Inaciu, Ivor Smodek, Fran Montoiro, Ana Fernández Otero, Paz Vicente…). E o fermoso de crear é comunicar, por iso agradecemos a todas e todos esos amigos e amigas que estiveron con nós, que axudaron e axudan cada día co seu calor a que isto sexa posible (Monse, Diego, Xosé, Jesús, Tino e familia, Petri, e moitísimos máis).
Xa na última hora da tarde ofrecimos ao bosque o que foi creado para el e nunha fermosa homenaxe, na instalación «poemas na fronde» de Xacobe Meléndrez puidemos oir as voces de Helena Villar Janeiro, Xesús Rábade, Fátima López, Natalia Margalejo, Marisa Villanueva, Marisa Mendes, Bea Bugallo, que amáis de recitar os seus poemas puxeron voz a outros de Luís Maçás, Xoán Abeleira, Eva Wozkiewiz, Mercedes Molares… Nun carballo que deixaba caer docemente as suas polas sobre o río penduraban outras follas, regaladas, de máis de 30 poetas galegos, de méxico, Costa Rica, Cabo Verde, Polonia, Portugal… (amáis dos nomedos, Francisco X. Fernández Naval, Fraçois Davó, Eva Veiga, Justo Ilhuicamina, Natalia Concheiro, Alfonso Láuzara, Marinca Cocos…).
Pronto poderedes ver toda a obra plástica creada, a instalación «poemas na fronde», o libro cos poemas e o video nas exposicións que iremos anunciando. Nun principio temos xa comprometida unha no Castelo de Santa Cruz.
O evento tivo repercusión mediática (TVG), Radiofusión e La Voz de Galicia, ademáis da rede.
Todo isto quedou tamén recollido en multitude de fotografías tomadas por Paz Vicente, Helena Villar Janeiro, Lurdes Maceiras, Xacobe Meléndrez, Inma Doval, Deli Sánchez…) e video (Diego Beltrán). Podedes ver algunhas delas e máis que iremos colgando no blogue de enarborar o bosque.
Eiquí quedan as de Xacobe, como mostra deste día:
Na espera. MERCEDES MOLARES
EnarborarObosque
|
CREADORES E CREADORAS, artistas plásticos, visuais, escritoras e escritores, músicos…, unídevos e participade nesta convocatoria, de creación ao aire libre:5 de xuño, na carballeira de Chaián (Trazo-Santiago de Compostela), dia mundial do medioambiente de 2011, declarado por la Asamblea General de Nacións Unidas como o “ano internacional dos bosques”. Dende as 10 da mañán. Traede o voso xantar.
Ao longo do día iremos creando a…s nosas obras (pinturas, poemas, esculturas, fotografías, performance…). Cara á última hora as obras plásticas formarán parte do espazo, convivindo o maxín coa natureza, poetas poderán recitar os versos creados e a música e o movemento deixarase sentir coma o vento entre as follas. Todo quedará recollido graficamente en fotografía e/ou video. Posteriormente as obras creadas poderán ser expostas en salas de exposicións. Manifesto “Enarborar o bosque” é un acto simbólico promovido por os artistas plásticos e visuais Deli Sánchez e os compoñentes do colectivo arTeu, Xacobe Meléndrez e Inma Doval, para facer un chamamento á valoración dos nosos bosques e reivindicar a sua protección frente á rapiña das talas abusivas realizadas por particulares, comunidades, institucións (concentracións parcelarias, falsas e excesivas limpezas, construcción de infraestructuras…) e empresas madereiras, que con total impunidade talan árbores autóctonas moitas veces centenarias e senlleiras e as substitúen por outras especies como o eucalipto e o piñeiro, ou simplesmente as deixan a monte, sen a aplicación do proxecto de reforestación preceptivo. Ten acontecido repetidas veces nos últimos anos, unha longa lista que entristece e fire no cerne da nosa identidade: Cecebre (Cambre), Porqueira, Rairiz de Veiga, A Limia, Santa Eulalia de Mazoi, Ordes, Val Miñor, A Fervenza (O Corgo), Barrio de Abella, Carballeira de Faramontaos (Negueira de Ramuín), carballeira de Rioxoán (Pol), Pintinidoira… violencia catastral consentida pola falla de vixiancia e vontade política para aplicar as medidas de protección disponibles. Defendemos as nosas árbores autóctonas: carballo, acivro, castiñeiro, teixo, cerquiño, bidueiro, faia, ameneiro, freixo, pradairo, sobreira, aciñeira… que na actualidade só ocupan un 25% do bosque frente a especies foráneas como o eucalipto que a máis de deteriorar a nosa paisaxe, empobréce-nos (estan-se a pagar a 25 € tonelada no cargadoiro), favorece a propagación do lume… Defendemos unha silvicultura racional e sostibel, onde se fagan valer os potenciais das madeiras nobles cun manexo estractivo sustentábel que conserve a diversidade do bosque autóctono e tamén, como non, do tan importante sotobosque. Esiximos a protección do noso bosque, a nosa paisaxe, a nosa vida! Esta iniciativa está apoiada por ADEGA e a FEG. Se algunha ASOCIACIÓN, INSTITUCIÓN, GRUPO, COLECTIVO… quere apoiar esta iniciativa encantados. E se algunha sala de exposicións se presta para despois exhibir as obras, estupendo!!! Ruládeo. A partir da semana que ven poñeremos as adhesións.Ver máis |
Na espera: Juan Cabeza
A partir de mañá poderedes ver na Clínica Aima unha nova exposición do noso proxecto »… na espera» que como sabedes pon en contacto directo aos artistas co seu público, achegando á arte aos espazos da cotidianeidade, neste caso nas salas de espera das consultas médicas. Neste caso a mostra que poderedes ver nos vindeiros dous meses é a obra de JUAN CABEZA, escultor galego que traballa fundamentalmente o granito.
Begoña Pastoriza no periódico «de lúns a venres» (LV)
O periódico «de luns a venres» (LV) publica hoxe (1/2/2011) unha entrevista a Begoña Pastoriza, pola súa exposición de gravados na clínica Aiema de Santiago de Compostela, dentro do proxecto «…na espera» do colectivo arTeu.
Deixamos aquí tamén algunhas fotos para que vexades a obra colgada. Fermosisíma.
Na espera: Begoña Pastoriza na Clínica Aiema
A partir de mañá, 1 de febreiro, poderedes ver a expo de gravado de Begoña Pastoriza na Clínica Aiema, dentro do proxecto de arTeu »… na Espera».
Se queredes coñecer máis acerca da sua obra (amáis de visitando a expo) podedes bruxulear en:
|
|
|
arteu en Cambre 2010
Aquí deixamos algunhas novas na prensa destos días comentando esta nova edición de arTeu en cambre
Tamén podedes ver nestas fotos o fermosos que quedaron os establecementos coas obras de tantos artistas: Katús Otero, Mónica Santos Godoy, Eduardo Castro Bal, Carlos Botana,… Inma Doval, Juan Ondategui, Omar Kessel, Carolina Martínez, Cristina Crespo, Sara Rodríguez, Paula Tomé, Miguel Melero, Diego Corral, Xulia Vicente, Uxía Larrosa, Antía Esteban, Paz Vicente, Begoña Pastoriza, Roberto Castro, Suso Cubeiro, Ovidiu Batista, Xacobe Meléndrez, Manoel Bonabal, Maribel Longueira e Noemí Lorenzo. E ademáis unha demostración de pintura con acuarela feita por Suso Cubeiro na Libreira, onde están expostas algunhas das súas obras de ilustración.















