Berros no roncar das ondas

BERROS NO RONCAR DAS ONDAS. Proxecto fotográfico de Xacobe Meléndrez Fassbender con poemas de Bernardino Graña.

 

 

O proxecto artístico consta de:

1. Exposicións na rua, de 16 lonas de 180 x 120 cm, que xa estivo en Carril-Vilagarcía,  Rianxo,  Pontevedra, Abegondo, Bergondo, Santa Cruz (Oleiros)… continuando despois o seu percorrido polas rúas de outras vilas galegas (Betanzos, Carral, Sada).

O martes, 21 de agosto, terá lugar, ás 20.30 na praza da Constitución de Betanzos un recital poético musical a cargo de Francisco X. Fernández Naval e Begoña Paz (poesía), e Dubi Bahamonde e Karlos Barral (música).

2. Exposición sobre papel con copias de calidade “fine art”. Porto (portugal), 2013.

3. Libro “Berros no roncar das ondas”. Editado por arTeu.

O libro está impreso sobre papel estucado mate de 250 gr a cuatricomía e verniz mate e as capas irán sobre cartulina gráfica de 300 gr, tamén a 4 tintas e verniz. Constará de 48 páxinas máis cubertas, encadernación rústica e cosido.

O libro xa se pode mercar nalgunhas librarías: Na Coruña: Sisargas, Formatos, Colón e Xiada, en Cambre en A Libreira, en Pontevedra na Libraría Cronopios, en Santiago de Compostela na libraría do CGAC, en Oleiros no Castelo de Santa Cruz, no Ceida.

“Berros no roncar das ondas tenta xuntar a voz do sentemento e a mirada para reforzar o seu inquerimento”. Xacobe Meléndrez Fassbender

“Impresionante metamorfose, fotógrafo transformado en ollo de Polifemo, para aprendermos a mirar cos propios ollos da auga”. Xurxo Souto

Presentacións do libro:

– 10-8-2012 Na Feira do Libro da Coruña, ás 18.30 horas. Presentan Teresa seara, Bernardino Graña e Xacobe Meléndrez.
– 7-8-2012 Castelo de Santa Cruz (Oleiros). Presentan Carlos Vales, Xacobe Meléndrez, Bernardino Graña e Xurxo Souto.
– 16-05-2012 ás 19,30 libraría Cronopios de Pontevedra (r. Frai Xoán de Navarrete nº5)

Aquí podedes ver fotos da inauguración no Castelo de santa Cruz.

4. Proxección video arte “Ferido busco o teu mar”.

– 1 de setembro de 2012 no Paraninfo da Universidade da Coruña, dentro da homenxe nacional a Bernardino Graña, “Medre o mar!”. Con Paulo Coello ao saxo.

– 18 de maio ás 22,45h  no C.G.A.C no especetáculo de música contemporánea “A inspiración da luz” de Vertixe Sonora Ensemble.

Berros no roncar das ondas no Faro de Vigo
Berros no roncar das ondas na Voz
de Galicia
El Ideal Gallego
La Opinión 1-8-2012
La Opinión 2-8-2012