Castro Lara na Clínica Aiemá

Durante os meses de decembro e xaneiro podedes visitar, na Clínica Aiemá de Compostela, a exposición de obras de Castro Lara. Nesta exposición hai unha selección de gravados e pinturas que a Nieves realizou no tempo que leva vivindo aquí, en Galicia. Cordovesa, bióloga, amante da natureza… Aprendeu a pintar dende nena, co seu pai e, agora adícase a arte profesionalmente, impartindo obradoiros para diversas institucións e realizando numerosas exposicións.

 

Imaxes da expo de Niti Laíño no COG da Coruña

Deixamos aqui algunhas imaxes da exposición de Niti Laíño no Centro Oncolóxico da Coruña, dentro do proxecto de arteu, Na espera.

Novas expos do proxecto Na espera

maribel longueiraNos meses de abril e maio teremos dúas novas expos para achegar aos doentes á arte e facer máis agradable a súa espera. Nesta ocasión, no Centro Oncolóxico de Galicia (COG) estarán a fotografías de Maribel Longueira, da súa serie Blokeo ReXistencia, unha reflexión sobre o blokeo cubano, e a creación dun conflicto de reXistencia eXistencia. Unhas imaxes marabillosas que algúns e algunhas xa puidemos ver na Casa Museo Casares Quiroga, na Coruña, dentro do Outono Fotográfico.

luz beloso pE na Clínica Aiemá, de Compostela, algunhas das fermosísimas ilustracións que Luz Beloso realizou para os álbumes ilustrados O cullarapo Croque e A nena á que non deixaban ser feliz, escritos por Miguel Ángel Alonso Diz. Deixamos aquí dous video no que podedes ver a forza das imaxes realizadas por Luz para estas dúas obras.

O CULLARAPO CROQUE from AlonsoBeloso on Vimeo.

A NENA Á QUEN NON DEIXABAN SER FELIZ from AlonsoBeloso on Vimeo.

Nova exposición no Centro Oncolóxico de Galicia

A partir de mañán, venres 6 de febreiro, poderedes ver no Centro Oncolóxico de Galicia a exposición 3 anos despois, de Marta de Aguiar, artista angolana que vive en Porto (Portugal) onderealiza e coordina numerosas exposicións. A finais do ano pasado comisariou a exposición “ADUNTORIUM NON CONSTANT, na DaVinci Art Gallery, mostra colectiva a favor da loita contra o cancro.

A mostra que nos trae agora é unha retrospectiva do traballo realizado entre os anos 2012 e 2015, como ela dí, “de delicias e tristuras, unha mistura de emocións”. A exposición poderá visitarse durante os meses de febreiro e marzo.

?????? 3años

Teresa Candal expón na Clínica Aiemá

10431261_10203482753809717_3135832752012173655_oCambiamos este mes de exposicións, dentro do proxecto na espera. Na Clínica Aiemá, de Santiago de Compostela inaugura mostra Teresa Candal, artista galega, de Cambre. A obra de Teresa ten unha protagonista, a muller, nas súas pinturas e acuarelas, moitas veces acompañada de fermosos textos propios ou prestados para homenaxear a algún escritor ou escritora. Tamén
Ademáis de artista é arteterapeuta e deseñadora gráfica.

10847812_660030207443307_8643673161003912598_nE no COG a exposición de Abe Rábade, Covas de luz, poesía a través das follas, as pingas de auga…

Novas exposicións na Espera

DavidCrooksTareton (1)Juan Luís Rua expón unha serie de fotos “musicais” na Clínica Aiemá de Santiago de Compostela, e david Crocks amosa unhas pinturas cheas de cor no Centro Oncolóxico da Coruña. Ambas exposicións poderán verse durante os meses de outubro e novembro. Animámosvos a visitalas, son fantásticas.

davidcrocksTarxetonfrontal Aiemab

 

Cambio de exposicións no proxecto Na espera

En xuño toca cambio de exposicións nas clínicas que participan no proxecto Na espera. Nesta ocasión os artistas serán os mesmos, pero cambiarán de lugra e de exposición. Ra Iribarnegaray levará as súas fotografías á Clínica Aiemá de Santiago de Compostela, e Luísa Novais as súas pinturas ao Centro Oncolóxico de Galicia.

Poderedes visitar ambas mostras durante os meses de xuño e xullo.

Novas exposicións Na espera: Ra Iribarnegaray e Luísa Novais

A partir desta semana e durante os meses de abril e maio podedes visitar novas exposicións do proxecto Na espera.
Na Clinica Aiemá de Santiago, expón Luísa Novais a serie “Sentimentos”, nas que as pinturas agardan coma unha explosión de cores: o mar, as figuras femeninas, as catedrais…
Na revista Almiar podedes ver máis información sobre esta grande artista.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

E no Centro Oncolóxico de Galicia unha mostra de 42 fotografías, esta vez en branco e negro, a serie “Auga” de Ramón Iribarnegaray. Podedes ver máis información no seu portafolio e no Flickr.

Elia Núñez e David Crocs “Na espera”

Rúas, de David Crocs

Durante os meses de decembro e xaneiro de 2014 estarán expostas as obras de Elia Núñez (Centro Oncolóxico de Galicia) e David Crocs (Clínica Aiemá de Santiago), dentro do proxecto “Na espera”.

As fotografías de Elia forman parte da serie “Color, colore, colori” e son de grande delicadeza. David Crocs adica a súa exposición de pintura ás rúas de Compostela.

Elia Núñez