DIÁLOGO PARA UNHA SEREA

ArTeu edita o libro de artista: “Diálogo para unha serea”, un fotopoemario realizado por Xacobe Meléndrez e Inma Doval, un libro de artista que reúne 31 poemas e outras tantas fotografías, unha creación conxunta a modo de conversa «fotopoética». A obra que se presenta é froito da conexión da linguaxe de dous creadores nun camiño común, un xogo en que se cruzan imaxes e palabras, dialogando para lanzar unha ollada furtiva á infancia, a esa nenez que esvara e se dilúe no océano. Unha combinación entre a expresión poética e a fotográfica, coma unha cálida aperta entre dúas voces que subxectivan a realidade e reproducen o interior nunha imaxe ou nun verso. Poemas e fotografías foron creados a modo de breves epístolas diarias, durante o mes de abril de 2010. A edición consta de 31 exemplares formados por 31 poemas impresos sobre papel Creysse sobre os que se montan 31 fotografías glicée en papel de algodón.