ENARBORAR O BOSQUE é unha acción artística creada porlos artistas pláticos e visuais Deli Sánchez, Xacobe Meléndrez e Inma Doval (os dous últimos do colectivo arTeu). Foi creada para reivindicar a protección dos nosos bosques e realizada na Carballeira de Chaián o 4 de xuño de 2011. Eiquí podedes ler o MANIFESTO.
Xa quedou enarborarado o bosque, perto dun centenar de persoas achegáronse á Carballeira de Chaián o pasado domingo 4 de xuño para compartir con nós este acto en defensa do noso bosque. 50 creadoras e creadores, pintura, música, maxia, escrita, escultura… realizando e compartindo as suas obras á beira do Tambre, algo máxico (Deli Sánchez, Nando Pereiro, Nolo Suárez, Marina Cocos, Celia Pías, Carlos Inaciu, Ivor Smodek, Fran Montoiro, Ana Fernández Otero, Paz Vicente…). E o fermoso de crear é comunicar, por iso agradecemos a todas e todos esos amigos e amigas que estiveron con nós, que axudaron e axudan cada día co seu calor a que isto sexa posible (Monse, Diego, Xosé, Jesús, Tino e familia, Petri, e moitísimos máis).
Xa na última hora da tarde Deli Sánchez leu o noso Manifesto e despois ofrecimos ao bosque o que foi creado para el e nunha fermosa homenaxe, na instalación «poemas na fronde» de Xacobe Meléndrez puidemos oir as voces de Helena Villar Janeiro, Xesús Rábade, Fátima López, Natalia Margalejo, Marisa Villanueva, Marisa Mendes, Bea Bugallo, que amáis de recitar os seus poemas puxeron voz a outros de Luís Maçás, Xoán Abeleira, Eva Wozkiewiz, Mercedes Molares… Nun carballo que deixaba caer docemente as suas polas sobre o río penduraban outras follas, regaladas, de máis de 30 poetas galegos, de méxico, Costa Rica, Cabo Verde, Polonia, Portugal… (amáis dos nomeados, Francisco X. Fernández Naval, Fraçois Davó, Eva Veiga, Justo Ilhuicamina, Natalia Concheiro, Alfonso Láuzara, Marinca Cocos…).
Pronto poderedes ver toda a obra plástica creada, a instalación «poemas na fronde», o libro cos poemas e o video nas exposicións que iremos anunciando. Nun principio temos xa comprometida unha no Castelo de Santa Cruz.
O evento tivo repercusión mediática (TVG), Radiofusión e La Voz de Galicia, ademáis da rede. Helena Villar Janeiro escribíu un fermoso artigo no Correo Gallego.
Todo isto quedou tamén recollido en multitude de fotografías tomadas por Paz Vicente, Helena Villar Janeiro, Lurdes Maceiras, Xacobe Meléndrez, Inma Doval, Deli Sánchez…) e video (Diego Beltrán). Podedes ver algunhas delas e máis que iremos colgando no blogue de enarborar o bosque.
Eiquí quedan as de Xacobe, como mostra deste día:
