Local dispoñible: almacén cultural

Local dispoñible. Almacén cultural
Proposta artística do colectivo arTeu para un local baleiro de 130 m2, que está á venda ou diposto para ser alugado. O inmoble está na rúa Historiador Vedía, nº 1 e durante moitos anos foi unha academia de ensino pola que pasaron moitos coruñeses e coruñesas, a Academia Roma. O espazo pasa a ser habitado por obras de arte de Xacobe Meléndrez Fassbender, Ada Porto e Inma Doval, un contedor artístico de pintura, fotografía, escultura e poesía. Ademáis se realizarán diversas actividades culturais, comezando o día 14 de decembro, ás 19.30 horas cun recital poético dalgúns compoñentes do Grupo Surrealista Galego. Escoitaremos as voces de Tati Mancebo, Alfredo Ferreiro, Ramiro Torres, Xoán Abeleira, Begoña Paz e François Davó.

A finalidade deste proxecto é darlle vida a un espazo que leva tempo deshabitado con propostas culturais ao tempo que se lle da visibilidade a un local ideal para calquera tipo de negocio, estudo artístico, buffete… Programaranse actividades para todos os públicos como poesía, vieoarte, performance ou contos para rapaces e rapazas. A asistencia é libre e gratuíta.

Esta iniciativa non é orixinal, hai unha grande proposta deste tipo en Madrid, que funciona dende hai xa case dous anos, “Se Alquila”.

Ramiro Torres recitando en "Local dispoñible, almacén cultural"

3 reflexións sobre “Local dispoñible: almacén cultural

  1. Pingback: Local dispoñible, almacén cultural | arteu

  2. Pingback: Exposicións actuais | Inma Doval Porto

  3. Pingback: Exposición e recital no "Local dipoñible - Almacén cultural" | O levantador de minas

Os comentarios están pechados.