Os espontáneos é unha proposta de arTeu e Miguel Melero.
A arte sairá literalmente á rúa por sorpresa, no lugar e no momento máis inesperado. As convocatorias difundiránse a través da nosa web, da rede e do «pásao, pásao», con poucos días de antelación.
Estos encontros de arte e público deixarán o seu trazo aquí.
Tomaremos a Quintana, tomaremos a Bastilla, tomaremos a praza de…, despois tomaremos uns viños e uns pementos…
Aberto a todxs xs que queiran participar, non te quedes na casa.
Cada obra ten o seu público, hai que buscalo.
Acude ás nosas convocatorias cunha obra túa baixo o brazo, que se vexa ben, tes algo que decir, únete.
Convocatorias 2010
Santiago de Compostela. Praza do Toural.
Celebrada o domingo, 28 de marzo ás 12 da maña. prensa