EnarborarObosque
|
CREADORES E CREADORAS, artistas plásticos, visuais, escritoras e escritores, músicos…, unídevos e participade nesta convocatoria, de creación ao aire libre:5 de xuño, na carballeira de Chaián (Trazo-Santiago de Compostela), dia mundial do medioambiente de 2011, declarado por la Asamblea General de Nacións Unidas como o “ano internacional dos bosques”. Dende as 10 da mañán. Traede o voso xantar.
Ao longo do día iremos creando a…s nosas obras (pinturas, poemas, esculturas, fotografías, performance…). Cara á última hora as obras plásticas formarán parte do espazo, convivindo o maxín coa natureza, poetas poderán recitar os versos creados e a música e o movemento deixarase sentir coma o vento entre as follas. Todo quedará recollido graficamente en fotografía e/ou video. Posteriormente as obras creadas poderán ser expostas en salas de exposicións. Manifesto “Enarborar o bosque” é un acto simbólico promovido por os artistas plásticos e visuais Deli Sánchez e os compoñentes do colectivo arTeu, Xacobe Meléndrez e Inma Doval, para facer un chamamento á valoración dos nosos bosques e reivindicar a sua protección frente á rapiña das talas abusivas realizadas por particulares, comunidades, institucións (concentracións parcelarias, falsas e excesivas limpezas, construcción de infraestructuras…) e empresas madereiras, que con total impunidade talan árbores autóctonas moitas veces centenarias e senlleiras e as substitúen por outras especies como o eucalipto e o piñeiro, ou simplesmente as deixan a monte, sen a aplicación do proxecto de reforestación preceptivo. Ten acontecido repetidas veces nos últimos anos, unha longa lista que entristece e fire no cerne da nosa identidade: Cecebre (Cambre), Porqueira, Rairiz de Veiga, A Limia, Santa Eulalia de Mazoi, Ordes, Val Miñor, A Fervenza (O Corgo), Barrio de Abella, Carballeira de Faramontaos (Negueira de Ramuín), carballeira de Rioxoán (Pol), Pintinidoira… violencia catastral consentida pola falla de vixiancia e vontade política para aplicar as medidas de protección disponibles. Defendemos as nosas árbores autóctonas: carballo, acivro, castiñeiro, teixo, cerquiño, bidueiro, faia, ameneiro, freixo, pradairo, sobreira, aciñeira… que na actualidade só ocupan un 25% do bosque frente a especies foráneas como o eucalipto que a máis de deteriorar a nosa paisaxe, empobréce-nos (estan-se a pagar a 25 € tonelada no cargadoiro), favorece a propagación do lume… Defendemos unha silvicultura racional e sostibel, onde se fagan valer os potenciais das madeiras nobles cun manexo estractivo sustentábel que conserve a diversidade do bosque autóctono e tamén, como non, do tan importante sotobosque. Esiximos a protección do noso bosque, a nosa paisaxe, a nosa vida! Esta iniciativa está apoiada por ADEGA e a FEG. Se algunha ASOCIACIÓN, INSTITUCIÓN, GRUPO, COLECTIVO… quere apoiar esta iniciativa encantados. E se algunha sala de exposicións se presta para despois exhibir as obras, estupendo!!! Ruládeo. A partir da semana que ven poñeremos as adhesións.Ver máis |
Na espera: Juan Cabeza
A partir de mañá poderedes ver na Clínica Aima unha nova exposición do noso proxecto »… na espera» que como sabedes pon en contacto directo aos artistas co seu público, achegando á arte aos espazos da cotidianeidade, neste caso nas salas de espera das consultas médicas. Neste caso a mostra que poderedes ver nos vindeiros dous meses é a obra de JUAN CABEZA, escultor galego que traballa fundamentalmente o granito.
Begoña Pastoriza no periódico «de lúns a venres» (LV)
O periódico «de luns a venres» (LV) publica hoxe (1/2/2011) unha entrevista a Begoña Pastoriza, pola súa exposición de gravados na clínica Aiema de Santiago de Compostela, dentro do proxecto «…na espera» do colectivo arTeu.
Deixamos aquí tamén algunhas fotos para que vexades a obra colgada. Fermosisíma.
Na espera: Begoña Pastoriza na Clínica Aiema
A partir de mañá, 1 de febreiro, poderedes ver a expo de gravado de Begoña Pastoriza na Clínica Aiema, dentro do proxecto de arTeu »… na Espera».
Se queredes coñecer máis acerca da sua obra (amáis de visitando a expo) podedes bruxulear en:
|
|
|
arteu en Cambre 2010
Aquí deixamos algunhas novas na prensa destos días comentando esta nova edición de arTeu en cambre
Tamén podedes ver nestas fotos o fermosos que quedaron os establecementos coas obras de tantos artistas: Katús Otero, Mónica Santos Godoy, Eduardo Castro Bal, Carlos Botana,… Inma Doval, Juan Ondategui, Omar Kessel, Carolina Martínez, Cristina Crespo, Sara Rodríguez, Paula Tomé, Miguel Melero, Diego Corral, Xulia Vicente, Uxía Larrosa, Antía Esteban, Paz Vicente, Begoña Pastoriza, Roberto Castro, Suso Cubeiro, Ovidiu Batista, Xacobe Meléndrez, Manoel Bonabal, Maribel Longueira e Noemí Lorenzo. E ademáis unha demostración de pintura con acuarela feita por Suso Cubeiro na Libreira, onde están expostas algunhas das súas obras de ilustración.
II Mostra de TRÓCOCHO: ROSALÍA ALONSO GONZÁLEZ
arTeu en Cambre 2010
Mañán montaxe de todas as exposicións nos establecementos de Cambre. Aquí vai o folleto que se repartirá impreso e no que aparecen todos os artistas e establecementos que participan. Houbo unha baixa, Diana Aichitson, no seu lugar, na zapatería Rocco Shoes, expoñerá Carolina Martínez unhas fermosas fotografías. non vos perdades esta macroexposición.
Folleto artistas – establecementos arTeu en Cambre 2010
arTeu en Cambre 2010
A partir do 15 de decembro levaremos a unha chea de artistas a encher os establecementos comerciais de arte: tendas de roupa, peixerías, farmacias, axencias de seguros, bares, charcuterías… O noso propósito coma sempre é achegar a arte á sociedade e, neste caso, dinamizar un pouco o pobo con motivo das festas do Nadal. Pronto teredes máis información, un mapa cos establecementos e artistas que participan e moitas fotos. Acheádevos a Cambre a pasear polas rúas, a facer as compras do Nadal, a tomar uns viños, a cear… e sobre todo a ver tan fermosas obras.
Na Espera: Paz Vicente na Clínica Aiema
Dende o pasado venres e ata o 31 de xaneiro de 2011 se pode visitar a exposición «Dualidad», de Paz Vicente na Clínica Aiema (rúa Domingo García Sabell, 3 baixo – Santiago de Compostela). Non vola perdades, son fotos fantásticas e cheas de poesía.
Aquí podedes ver algunhas fotos de como quedou a expo feitas por Paz Vicente.




























