Paralelo 43º 21′ 45″ A Coruña

Información sobre o proxecto  

 

                     

 

 

 O pasado sábado 8 de maio foi o comezo dun gran festival artístico creado dende a sociedade e para a sociedade na Coruña. Nel participan máis de 150 artistas, de balde, co obxetivo de achegar a arte á rúa e de buscar novos espazos públicos para a arte, dando novos usos a algúns xa existentes, así como dinamizar económicamente o barrio das Conchiñas-Agra, zona importante da cidade que se está vendo afectada pola crise.

Durante case todo o mes de maio haberá exposicións en establecementos, concertos, recitais poéticos, teatro na rúa, xogos infantís, obradoiros artísticos gratuítos, proxeccións, presentacións de fanzines, contacontos, performances...

O “Paralelo 43º 21′ 45″ A Coruña”, organizado por arTeu, BGR e 5célula arte+comunidad, é a continuación do diálogo arte-sociedade que iniciamos dente arTeu no pasado Nadal en Cambre e a súa extensión a outras comunidades.

Detrás deste festival está o intenso traballo dos tres colectivos que organizamos, o apoio do Concello da Coruña(Concellerías de Igualdade e Participación cidadá, Cultura,  Mocidade, solidaridade e normalización lingüísticae a de Mercados), así como a  ilusión de moita xente que partcipa (organización, artistas e establecementos), nunha colaboración desinteresada.

Esperamos tamén que este festival poda axudar a aumentar a visibilidade deste barrio coruñés cheo de xente afable e traballadora.

Tedes máis información na nosa web: www.arteu.es

cartace
Paralelo 43º 21′ 45″ A Coruña

Fé de erros:
Sito Lopez Lage ( Mesas confort) expón pintura no canto de fotografía. Disculpade.

Por motivos alleos a organización houbo ademáis os seguintes cambios no programa:
-Por asuntos persoáis, Iria García, non puido entrar a participar na colectiva da Colmena.Pero mantéñense o resto de artistas deste local.
-A expo de D´Loren que non se puido levar a cabo repartiuse entre Pasarela e A Colmena.

– Victoriano Fernández non aparece no folleto nin no cartace pero sí aparecerá no catálogo. Expón no bar Fariñas (Pascual Veiga 14 baixo).
Por mor do fútbol cambiar a Fresquiños, polo Tsunami.
-A actuación prevista do grupo “Los del sur”, que abrirían o festival, non se puido facer, o cal sentimos moito todos.