Rebentos de salitre

REBENTOS DE SALITRE

Inma Doval Porto (Pintura e escultura)
Xacobe Meléndrez Fassbender (Fotografia e vide-o)
Galería Porto Oriental (r. Barros Lima 851, 4300-63 Porto)
15 de Março – 11 de Maio 2013


Ver mapa más grande
Nesta mostra artística multidisciplinar combinanse traballos que se mergullan no mar, obras de Inma Doval Porto e Xacobe Meléndrez Fassbender, artistas residentes na Galiza.

A polaridade coa que acometen as súas creacións confrontase e complementase cubrindo un modo común de entender e situarse no mundo e nas relacións co océano, matriz e destino final.

Encontramos serenidade e reflexión nos volumes de seres mariños, as cores da paisón nas pinturas, romanticismo no vídeo e a mirada especular e insquistória do océano nas fotografías.

Os sentementos son invocados e agroman das obras e diante delas, apoiados na poesía de Inma Doval e Bernardino Graña.

Volumen, luz e cor rebentan cheirando a salitre.

Berros no roncar das ondas
Xacobe Meléndrez Fassbender

Serie fotográfica cun alto contido de reflexión social e ambiental, e que propón unha analese crítica da relación entre a humanidade e o medio, a través dun achegamento sentimental, da man dunha plasticidade atractiva e dos versos que as acompañan no libro editado co mesmo título.

A costa, máis alí de marcar unha fronteira entre a terra e o mar, é metáfora e realidade do encontro entre o home e a súa contorna. Sinal de identidade da xeografía galega e paradigma do seu encontro coa sociedade.
Alí onde rompen as ondas di o mariñeiro que o mar berra, e o noso poeta (Bernadino Graña) pon palabras aos seus bramidos de paisón, esperanza e denuncia. E cando o mar fala polos seus versos, encoraxado pola especulación, a contaminación ou o desleigamento, chámao o bardo para que asulague coma un tsunami esta especie esquilmadora, destructora e egoista, que só pensa no propio e no momento, desprezando a súa característica inicial de intelixencia coa que poder relacionar unha acción coa súa consecuencia a través do tempo.
A man do fotógrafo (Xacobe Meléndrez), a súa ollada, a súa mente póñenlle imaxe as iconas líricas adoptando o punto de vista dese organismo vivo que é o océano. Estratexia que se demora na visión dunha paisaxe humanizada, para gloria e vergoña dos seus actores e sufridores a un tempo.
“Berros no roncar das ondas” tenta xuntar a voz do sentemento e a mirada para reforzar o seu inquerimento. Quen somos, ou, que facemos?, que ficará do noso paso fugaz o tempo?. Vida, coma nós mesmos, ou morte como o resto do noso sen-tempo.

…Medre o mar ! Proclama tamén Xacobe Meléndrez Fassbender. A tona da auga non é fronteira, unha lene mudanza de percepción a nos descubrir o universo.
Impresionante metamorfose, fotógrafo transformado en ollo de Polifemo, para aprendermos a mirar cos propios ollos da auga.
Berros no roncar das ondas. Porque o mar non é dos armadores, nin das mariscadoras, nin dos mariñeiros, nin das bañistas, nin dos ecoloxistas, nin das políticas, nin dos aventureiros, nin dos peixes, nin das algas…
Berros no roncar das ondas. Porque o mar non é de todos. Todos, todas somos do mar. E así o anuncia a noite -cando ao fin calma o noso ruído- e só só tanto mar que nos arrola.
(está subindo a marea, ti non fiques varado en seco )
Xurxo Souto (músico, escritor e locutor da Coruña)

O raio verde

En moi raras ocasións, cando o sol está a punto de desaparecer tras o horizonte, pódese ver u brillo verde durante uns segundos. Iste fenómeno chámase “GREEN FLASH”, desteio ou raio verde (W.J. Burroughs).

A historia desta exposición comeza un día de xullo de 2011, na praia de Nemiña, na costa da morte, cando tiven a sorte de contemplar ese fenómeno atmosférico tan arelado por min dende aquela nenez, na que todas e todos nos achegábamos á fantasía da man de Xulio Verne, “o raio verde”.  E esa pinga de verde esmeralda foise introducindo nas obras coma un xogo de cor, e as sereas, que sempre estiveran ahí, mergulladas, sairon das augas para conversarar e intercambiar olladas e cantos. Naceron así Agláope, a máis fermosa, Teodora, tal e como se aparecera aos ollos de Merlín, os xacios, a oceánide Eurínome ou a esfinxe do tempo. “Ningún pintor pode ter ese verde na paleta”, era a advertencia que Xulio Verne nos facía chegar dende a noticia ficticia que aparecía no Morning Post de 1882, o que non podía imaxinar o autor é que cen anos despois, o cineasta francés Eric Rohmer conseguiría  que ese raio verde aparecera filmado, sen artificios, na súa película homónima, con todo o seu fulgor. A fermosa Elena Campbell de Verne e a inconstante e indecisa Delphine de Rohmer, fian este tempo de espera.

E, como nin as sereas aladas poderían sobrevoar as augas, nin os homes e mulleres peixes ver o ceu, sen o seu canto, aquí tamén está presente a música, Dvorak e a sua Rusalka, Igor e o paxaro de lume, un adagio, ou ese sereo que nos canta tangos.

O raio verde é un fulgor efémero, quizáis sexa o fuxidío paso dunha  ondina de cabelos verdes, que viaxa veloz sobre a superfiície do océano, Rusalka na procura desesperada de Jezebaba, ou a estela dun paxaro que aloumiña o horizonte, a oferenda dun xacio ao mar, o lene suspiro de Anfitrite, ou tal vez, o primeiro soño da noite.
Viaxei como Elena Campbell e Delphine, nessa procura interior e conseguinme achegar ao coñecemento de mín mesma.
Agláope

Ontem foste mar,
ousada e valente.
Reventabas as rochas com a força do alento,
baixavas furtiva até o seu leito de alecrín.
Deixavas detidas as palavras não pronunciadas e
os corações cosidos com fios de escuma.

Escreveste a tua história no gume do horizonte,
teceste com retóricas de prata esmeralda,
a membrana da água,
mais o teu sal
secou a língua oscura da noite.

Ontem foste mar,
serea entre as ondas,
Rusalka, ondina, moura, xacia,
peixe de rocha,
fulgor efémero,
corrente de escamas.

Ontem foste mar,
vento que fere.

 

Prensa:

Reseña da exposición en Tendencias de Galicia Confidencial, feita por Francisco X. Fernández Naval

La Opinión (A Coruña)

Artistas:

Xacobe Meléndrez Fassbender
www.xacobe.tk

“Centra súa atención na tensión entre o individuo e seu contexto máis inmediato. Seu interese radica en compartir o coñecemento, un traballo que ten como obxectivo final chamar a atención sobre un conxunto de cuestións de índole social, política, natural, xeográfica e cotiá que afectan ao presente do individuo contemporáneo Temas trascendentales como a fame e a emigración, teñen o contrapunto nas composicións elementais dos elementos naturais estabelecendo esta dicotomía entre a mensaxe e o soporte como leit motiv de súa obra. A fotografía e o vídeo actúan como soportes creativos en que realizar súas series, onde se evidencia o esforzo na recreación de atmosferas, na calidade plástica e na atención destacada da articulación do relato.”
(Chus Martínez, curadora e crítica de arte).
Nacido en 1963 en Tegucigalpa-Honduras, regresa aos dous anos a súa terra paterna, Galicia. En 1974 regálanlle súa primeira cámara e en 1978 monta seu primeiro laboratorio de positivado. En 1982 comeza seus estudos de Física na Universidade de Santiago, abandónaos en 1985 despois de aprobar a oposición de Observadores
de Meteoroloxía do Estado. En 1999 monta o banco de imaxe XK3, onde desenvolve seu traballo fotográfico comercial. Realiza súa primeira exposición de autor o ano 2000. Permanece en contacto permanente coa fotografía contemporánea e asiste a workshops con destacados fotógrafos: Ed Kashi, Chema Madoz, Joan Foncuberta, Chema Conesa, Paco Salinas, Arianna Rinaldo, Daniel Canogar…
Obra (fotografía e vídeo)
Exposicións individuais (selección):
“Unha fráxil liña non tempo”. Aveiro-Portugal 2012.
“Berros non roncar dás ondas” lonas de gran formato que se penduran dos balcones de Vilagarcía de Arousa, Barcelona, Pontevedra, Arteixo, Abegondo, Bergondo Oleiros, Rianxo… 2012-2011. E das que presenta uña versión con copias en calidade museo.
“outono”. outono Fotográfico Ourense 2011
“Caiuco fame e migración”, museo Domus – A Coruña 2010. Outono Fotográfico, Ourense, 2007
“Futillos” Galería A Torre, Cuernavaca, México -2009
“Territorios de ida e volta”, Galería Sargadelos, Madrid – 2009.
“Caiuco, fame e migración”, espai fotografic Can Baste, Barcelona – 2008. Museo Domus, A Coruña 2010
“Présa”, Sala de exposicións do Centro Socicultural de Caixa Galicia en Santiago de Compostela, e CENEAM, Valsaín- Segovia 2007.
“As Mans do Vento”, Centro Sociocultural do Ensanche, Santiago de Compostela, 2006.
“Sólidos nós, eles…” Universidade de Vigo, 2006.
“Lembrando ou mar non porto”, CEIDA, Castelo de Santa Cruz-Oleiros, A Coruña, 2006
“Sólidos”. Sala de exposicions Fundación Caixanova, Vigo, Pontevedra, 2006.
“Présa”. CEIDA, Castelo de Santa Cruz-Oleiros, A Coruña, 2005.
“Lembrando ou mar non porto”, Pavillón dous Museos, Cambados, 2005.
Galería BOMOB Vigo, 2004.
Galería BOMOB A Coruña, 2004.
“As mans do vento” Liceo de Ourense-outono Fotográfico, 2002.
“identidadEquilibrio” Galería Visol – Ourense, 2001. Fundación Araguaney -Santiago de Compostela 2001. Galería Sargadelos Ferrol 2001, Betanzos 2000-2001.
“Cabana de Bergantiños, Patrimonio” 1997.

Exposicions colectivas (selección):
“Diálogo para uña serea”, fotopoemario. Chaves-Portugal, 2010.
“Novas conversas con Atlante”: 2009 Barcelona, Ourense, Aquarium Finisterrae A Coruña 2010-2011.
“A grande recolección”, Museo Casares Quiroga, A Coruña, 2010. Albacete, 2009
“A Perfect day”, La Laboral Centro de Arte, Gijón, 2009
“Ollando á lusofonia”, Domus, A Coruña, 2009
“A Perfect day”, Fotografía, Festival
Internazionale dei Roma”, 2008. Museo
Municipal de Ourense, 2008
“15 posicións”- A bicicleta azul, Antiga fábrica de Harinas, Albacete, 2008.
“2008 Culturas” sitio web.
“Ollando á Lusofonía” coa serie “350 Tn, Seneivo Primeiro”, Universidade de Santiago de Compostela, 2007.
“Art Natura” itinerante 2007-2008: Santiago de Compostela, Carballiño, Ordes, Lugo, A Coruña, Marín, Melide…
“Portas”, Casa de Galicia en Madrid, 2007
“NotodofotoFest” 2007.
“Tracce”, Biblioteca Gallaratese, Milan, Italia, 2007.
Fundación Caixanova, Vigo, Pontevedra, abril 2006.
Hypergallery Photo, Lles Rencontres d’Arles, Francia, 2005.
Colexio de Arquitectos de Huelva, 2004.
Fotosport 2002, Reus, 2002.
Posada do Potro, Córdoba, 2002
Fotogalería UFCA – Algeciras, 2001
“A muralla” colectiva, museo provincial de Lugo 2000.
“Encoros en Galicia” colectiva, itinerante 1997-1999.
“A Amazónia e Nós” colectiva, itinerante 1993-1995.

Portafolios publicados:
Suplemento Tendencias, GaliciaConfidencial.
xuño 2012. Revista Imaxe

Interví como comferenciante en  foros fotográficos e recientemente comezou a publicar críticas artísticas en distintos medios de comunicación

Ademais da súa obra artística é habitual atopar colaboracións súas, como fotógrafo independente , en exposicións institucionais, con editoriais e en revistas. Nestes ámbitos é tamén asiduo colaborador con ONGs.

Inma Doval
www.inmadovalporto.blogspot.com

Nacín na Coruña, cos ollos limpos e as máns apretadas, nun leito branco de brétema. Mudei de casa e pel, viaxei polo mapa circular do tempo. Hoxe habito nunha cápsula sempre azul en Cecebre, desde a que aprendín a pintar, a gravar con gubias e ácidos a vida e a modelar fragmentos do espacio.

Licenciada en Historia del Arte por la Universidade de Santiago de Compostela. Pintora autodidacta. Formación en gravado na Fundación CIEC (Betanzos,  A Coruña) e Museo de Belas Artes da Coruña, da man de Omar Kessel, Antonio Alegre Cremades, Anne Heyvaert, Carmen Navarro, Denis O´Neill ou Alí Alí, así como en obradoiros internacionais datos por Norimasa Mizutani, Matasaka Kuroyanagi ou Choichi Nishikawa. Formación en escultura na Real Academia de Bellas Artes de Madrid, nos talleres de Mónica Santos Godoy e Iría Rodríguez (A Coruña) e no espazo artístico de João Pedro Rodrigues (Porto).
No 2005 sete gravadores galegos fundamos o grupo Ravar, do que fun membro até setembro de 2009. En 2009 fundei xunto a Xacobe Meléndrez Fassbender o colectivo arTeu, desde o que ambos artistas desenvolvemos proxectos de achegamento da arte á sociedade. Inicio así un camiño paralelo á miña faceta artística individual, coa xestión de proxectos artísticos colectivos, organizando e coordinando eventos culturais, exposicións e intercambios internacionais.

Forma parte da Asociçao de Artistas Galegos ARGA.

Exposicións individuais e proxectos artísticos

As exposicións individuais xiran en torno a 5 proxectos artísticos vivos, as exposicións adaptan ao espazo.

“O raio verde” (2012-2013). Galería Aurelio Aguirre (Club do Mar, A Coruña), Espazo de arte Bobogi (Aveiro, Portugal).

Parte da visión fuxidía do raio verde, nunha fermosa Praia da Costa da Morte, Nemiña. O xogo desa pequena pincelada de luz esmeralda é unha brincadeira entre as cores dos cadros e as miradas cómplices das esculturas.

“Viramundo” (2009-2011) Galería Sargadelos de Ferrol (A Coruña), Casa India (A Coruña), Galería Sargadelos de Madrid, Clínica Aiema (Santiago de Compostela)
Viramundo toma o seu nome dunha canción de Sergio Mendes. O proxecto nace en 2009 coa idea de mergullarme no máis fondo de mín e facer unha viaxe pola memoria até atinxir o cerne da creación, ese momento íntimo no que esta xorde, rastrexando nos seus orixes.

“5 lúas para un chacmool”. 2008. Bar Fusión, A Coruña
Partindo da figura do Chacmool creo un universo de formas e cores que entretexen relacións -en parte fantásticas e en parte basadas na propia mitoloxía- entre esta figura e as deus da lúa e a fertilidade maias e grecorománs.

“Corpo habitado, auga e ar”. 2007. Museo do Xacemento Romano de Cambre (A Coruña)
Eu son auga e son ar, teño a alma nunha gaiola, son páxaro e son mar. Mitos e iconas enléanse entre as liñas do ácedo, Hainuwelle baila a súa danza de morte. A auga, retórica, veloces astros azuis. O mar lambendo o tempo, limpando peles douradas, afrontando corpos de crebas, peiteando cabelos salgados.

“A princesa de Malampur”. En proceso.
Hai moito tempo había un fermoso castelo, erguido na cima máis alta dun país xa olvidado, Malampur. Tiña altas torres brancas con xanelas douradas. Amplos corredores, lámpadas de arañeiras, chan de mármore branco e paredes de veludo…

Proxectos en colaboración con outras artes.

“Diálogo para unha serea”, Fotopoemario. Autora dos poemas, con fotografías de Xacobe Meléndrez Fassbender. Chaves, 2010
“Triángulo” en colaboración con Ramiro Torres (poesía) e Dubi Bahamonde (saxo). En proceso
“A Fuxida”, en colaboración con Berta Dávila (texto). Inédito

Exposicións colectivas e intercambios artísticos con outros países, entre outras:

“Mulleres e babuchas” (Galiza-Portugal), “Fan art project” (Galiza-Portugal), “Art natura” (Galiza), “Áncora no alén”(Galiza), “Portas” (Madrid), “Calendario 2007” (A Coruña), “Os Días Da Creación 2007” (Portugal), “Semillas” (Cuba), “La poesía nos une” (Almería)

© fotografías de Xacobe Meléndrez Fassbender