arTeu é un colectivo formado por dous artistas de Cambre (A Coruña), Xacobe Meléndrez Fassbender e Inma Doval Porto que ten por obxetivo principal achegar a arte á comunidade. A través do noso colectivo realizamos proxectos de xestión cultural, involucrando a artistas de distintas disciplinas (plásticos, músicais, poetas…) e, en moitas ocasións, de diferentes lugares do continente.
A finalidade dunha obra de arte é expresar e comunicar a interpretación que un creador ou creadora fai dunha realidade. Para facer visible calquera manifestación artística é necesario un espectador e para achegarse a éste, a difusión da obra artística, e ao mesmo tempo, é imprescindible que exista unha interrelación entre cidadanía e creatividade para que a arte teña sentido.
As principais maneiras de achegar a arte e a creatividade ao espectador, e polo tanto á cidadanía, pasan por museos e galerías de arte, lugares que só unha parte da sociedade está afeita a frecuentar, convertindo así a obra de arte nun obxeto elitista.
Por outra banda, o/a artista para ser aceptado nese circuíto oficial e tradiccional creado para exhibir o “obxeto artístico” debe a miúdo doblegarse a imposicións formais que esixen críticos e institucións, existindo un modelo, que cambia cos tempos e o lugar, sobre cál é unha boa obra de arte. Fóra dese patrón non hai cabida, a nova “academia” de críticos e curatores marca unha liña de creación xa obsoleta noutros países.
Con ArTeu pretendemos achegar a arte á rúa, estimular o interés pola cultura, buscando espazos alternativos para comunicar a creación artística, cambiando o fluxo de transmisión da arte: arte para á cidadanía non cidadanía para a arte.
ArTeu tamén quere achegar a arte galega a outros países, e a arte realizada noutros lugares a Galicia.
Para iso propoñemos varias accións:
1. Novos espazos expositivos que aproveiten unha infraestructura existente: escaparates, bares, restaurantes, centros médicos, prazas… A acción cultural actual espera que a sociedade se acerque a determinados espazos para ver obras de arte, como son as galerías, museos e centros culturais, pero entre os hábitos da maioría da sociedade non está a visita a estos espazos, nin a utilización do tempo de ocio para ver exposicións. Por que estos lugares non son atractivos ao público en xeral? Tal vez sexa unha falta de hábito, pero o que tamén é certo é que son espazos ríxidos, e a menudo pasivos. Faise cada vez máis necesario achegar a arte a ese público que non o ve, á sociedade en xeral e a mellor manera de facelo é nun entorno cotián, levádo as obras de arte aos espazos que frecuenta a sociedade.
2. Realización de obradoiros artísticos interxeracionais, na rúa ou en espazos sociais, como achegamento á arte e á creatividade. Poden ser obradoiros de pintura, fotografía, grabado… Comunicar o que levamos dentro a través da arte axuda ao enriquecemento persoal e ás relacións intersociais.
3. Interrelacionar as artes plásticas ou visuais coa música e artes escénicas. A rúa pode ser un lugar no que todas as artes conflúan coa sociedade nun intercambio de creatividade e comunidade. Para iso propoñemos realizar concertos na rúa, de grupos nóveis e e dos que xa están soando.
4. Realización de intercambios artísticos. A través doutros colectivos e asociacións de artistas, arTeu pretende realizar intercambios con artistas doutros lugares, por un lado reforzar a relación lusófona, con artistas de Portugal, Brasil, Cavo Verde, Guinea Bissau…, así como achegar a arte contemporánea galega á sociedade doutros países e a destes á sociedade galega. Estos intercambios realízanse a través de proxectos de colaboración, así como coa organización de obradoiros con artistas extranxeiros.
Obxetivos xerais:
- Achegar a arte contemporánea á sociedade
- Promocionar a creatividade entre a comunidade
- Xerar novos canles de participación dos/as artistas
- Utilización dunhas infraestructuras existentes para interrelacionar arte e sociedade
- Reforzar a relación lusófona
- Desenvolver un intercambio creativo entre diferentes países.
Contacta con nós colectivoarteu@gmail.com
Pingback: Sobre a necesidade de plataformas conjuntas | O levantador de minas
Hola, me parece interesante este proyecto de acercar el efrte a la cotidianeidad, a la realidad, al público. Me gustría poder colaborar y portar algo al mismo. Decidme por favor cómo hacerlo o poder participar en vuestras iniciativas.
Os mando un saludo,
Amelia
Ola Amelia
Por suposto que podes participar, envíanos un correo para que nos quede e algunha web. Cando fagamos outra convocatoria contaremos contigo. Unha aperta
Muchas gracias por hacerme partícipe de vuestras iniciativas, estáré encantada de colaborar con vosotros, Un saludo,
Amelia