“… na espera”, con exposición de Inma Doval

“…na espera” é unha nova proposta de “arTeu, arte + sociedade” na procura de novos encontros entre o artista e o seu público. Tenta-se achegar a arte ao cotiá. Coa filosofía de que toda obra de arte ten o seu público, que hai que buscalo, damos as artistas unha nova posibilidade de expresarse a través da súa obra en espazos alternativos, fóra dos circuitos tradicionais, lugares nos que o encontro co traballo artístico sorprenda ao espectador: nesta ocasión eleximos a sás de espera dos médicos.

Comezamos este proxecto na clínica Aeima de Santiago de Compostela  (rúa Domingo García Sabel 3 –semiesquina Galeras), gracias á sensibilidade e boa acollida da idea mostrada dende o principio polo Doctor J. Cajade Frías e a súa equipa.

 “…na espera” en Aeima contará coas dúas salas e un total duns15 metroslineais para colgar obra plástica. A programación será bimensual, con 5 exposicións anuais.

 “arTeu, arte + sociedade” ten establecido contactos para realizar esta proposta en outros centros sanitarios, e esperamos poder ampliar a experiencia antes de rematar o ano a novos puntos da nosa xeografía.

 A exposición inaugural correrá a cargo de Inma Doval Porto, cofundadora de arTeu, que presentará a colección “Viramundo”  con 5 gravados e 2 pinturas sobre lenzo e táboa realizados con ténica mixta. Acompañaran ás obras dous poemas inéditos de Ramiro Torres.