O iNstantes – Festival Internacional de Fotografia de Avintes, chega á Clinica Aiemá através dunha exposición colectiva

tarxetonInstantesAWEB

 

O iNstantes –  Festival Internacional de Fotografia de Avintes, chega tamén á Clinica Aiemá através dunha exposición colectiva de Ana Robles, Pereira Lopes e Henrique Zorzan.

 

Meses de febreiro e marzo.

Exposicións –

“Colonos e Guaraníes”, de Ana Robles (Argentina) Mostra que retrata o avance dos colonos e o retiro dos indíxenas na Amazónia arxentina. Galardonada con múltiples premios a nivel internacional.

“20 poemas en remanso”, de Pereira Lopes (Portugal), son as fotografías que abriron un diálogo con 20 poemas de Carmen Muñoz (Cáceres, 1962) e que fan parte do libro editado co mesmo título. Cando Carmen Muñoz se cruzou coas fotografías de Pereira Lopes, sentiu un bálsamo e con elas veu de novo un remanso de pensamentos e inspiración poética. As fotografías retratan paisaxes de Cecebre, Fisterra, Avintes e Porto (Portugal). É un xeito de apreciar a lingua e as paisaxes galegas e portuguesas e así eliminar a efémera fronteira que existe entre eles.

-“Mar Adentro”, de Henrique Zorzan (Brasil) O destino levou ao autor a Portugal, a un país con 942 km de costa e unha beleza litoral enorme. Alí despertou a súa paixón pola fotografía de paisaxes. Un solpor dourado e case sempre repleto de nubes para crear o contraste co azul do ceo. Este conxunto de oito fotografías pretende homenaxear un pobo de valentes navegantes onde se iniciou unha era de descubrimentos valiosos para a historia da humanidade.