arteu en Cambre 2010

Aquí deixamos algunhas novas na prensa destos días comentando esta nova edición de arTeu en cambre

La Opinión, 17 de decembro

La Opinión

Tamén podedes ver nestas fotos o fermosos que quedaron os establecementos coas obras de tantos artistas: Katús Otero, Mónica Santos Godoy, Eduardo Castro Bal, Carlos Botana,… Inma Doval, Juan Ondategui, Omar Kessel, Carolina Martínez, Cristina Crespo, Sara Rodríguez, Paula Tomé, Miguel Melero, Diego Corral, Xulia Vicente, Uxía Larrosa, Antía Esteban, Paz Vicente, Begoña Pastoriza, Roberto Castro, Suso Cubeiro, Ovidiu Batista, Xacobe Meléndrez, Manoel Bonabal, Maribel Longueira e Noemí Lorenzo. E ademáis unha demostración de pintura con acuarela feita por Suso Cubeiro na Libreira, onde están expostas algunhas das súas obras de ilustración.

arTeu en Cambre 2010

Mañán montaxe de todas as exposicións nos establecementos de Cambre. Aquí vai o folleto que se repartirá impreso e no que aparecen todos os artistas e establecementos que participan. Houbo unha baixa, Diana Aichitson, no seu lugar, na zapatería Rocco Shoes, expoñerá Carolina Martínez unhas fermosas fotografías. non vos perdades esta macroexposición.

Folleto artistas – establecementos arTeu en Cambre 2010

arTeu en Cambre 2010

A partir do 15 de decembro levaremos a unha chea de artistas a encher os establecementos comerciais de arte: tendas de roupa, peixerías, farmacias, axencias de seguros, bares, charcuterías… O noso propósito coma sempre é achegar a arte á sociedade e, neste caso, dinamizar un pouco o pobo con motivo das festas do Nadal. Pronto teredes máis información, un mapa cos establecementos e artistas que participan e moitas fotos. Acheádevos a Cambre a pasear polas rúas, a facer as compras do Nadal, a tomar uns viños, a cear… e sobre todo a ver tan fermosas obras.

Bota unha ollada á edición de 2009

Colectivo arTeu

 

arTeu-LOGOWEBp

 

arte + sociedade

arTeu pretende achegar a arte á rúa, estimular o interés pola cultura, buscando espazos alternativos para comunicar a creación artística, cambiando o fluxo de transmisión da arte: arte para á cidadanía, non cidadanía para a arte.

arTeu en Cambre 2009 (do 12 de decembro de 2009 ao 5 de xaneiro de 2010)