Homenaxe a Bernardino Graña

E medrou o Mar ! abofé, o sábado día 1 de setembro, coa compañía do sol e unha brisa mariña que nos trouxo arrecendos oceánicos a misturarse cos dos óleos e os acrílicos, entre lenzos, táboas e papel. Cos sorrisos da rapazada nos contos, a emoción vívida dxs poetas e Bernardino ao final da mañán, orgulloso do seu fillo, o artista-músico da familia, e de ter sido nomeado Cabaleiro do Mar no Campo da Rata, perto da torre de Hércules.

O retrato, agasallo de Cubeiro, apertas e máis apertas que como capas ían superpondoselle no lombo e coas que o poeta ía crecendose.

Na tarde “proa ao mar, rachando as ondas, duros, sempre de fronte” que é a recomendación que nos fixo para encarar estes tempos difíciles e o seu “queremos gobernar nós, non os partidos políticos, que nos deixen a NÓS!”, lucidez e rebeldía en todos os rumos, decindonos que a súa palabra é “a súa palabra”. Unha “derrota” polo mar da Coruña reivindicando idioma na toponimía e lembrando anécdotas. Memorable recibimento gaiteiro coa súa marcha ate o paraninfo, onde se sumou o coro que botou máis aloumiños no seu peto, no seu peito.

Exposición dalgunhas das obras realizadas na mañán e entrada apoteósica ao Paraninfo, trescentas persoas de pe agarimando ao poeta cos seus aplausos. Un acto sinxelo e equilibrado, música, vídeos, representación institucional, unha escolla dxs amigxs escritorxs… coa dimensión e a frescura precisas, a tensión contida a medrar baixo a batuta do patrón maior o Xurxo e a súa bugina, e a letanía “medre o Mar”… para o “San Roquiño” como confesou sentirse Bernardino, sempre a rir e o primeiro de si mesmo.

Cada anécdota coas que rematou onte cargada de maxisterio. E o final a entrega dos agasallos e a saida, cos seus amigos, cos seus lectores cruzandolle o camiño interumpindo o desembarque. Saudas, apertas e máis música no claustra do Reitorado. Recollendo todo a “cooperativa” de reporteiros montada para a ocasión, temos moita materia prima coa que traballar agora. E fin….  non a festa non podía rematar o bardo non nolo perdoaría, precisaba dunha “taberna infame” onde bebemos, rimos, cantamos e bailamos, e Bernar tamén cunha enerxía que nos venceu, o capitán foi o último en abandonar o barco. El marchou rúa abaixo con Carmen e Cáccamo, nós cara a alta Cidade Vella e tomamoslle ainda a penúltima. Cando despois recollimos o coche e emprendimos a retirada ao noso refuxio no interior da Fraga de Cecebre… nova sorpresa, estaba na terraza diante da Xeladería Italiana de Porta Real disfrutando dun postre doce para o que foi unha xornada na que disfrutou coma nunca, coma sempre.

Soños cumpridos! medrou o MAR! e como el dixo GRACÍSIMAS ao traballo de todxs nós.
Eu sigo aprendendo que nese paso do eu ao nós, do que falou Manolo Rivas, está a clave.
Cando todos bogamos na mesma dirección somos capaces de calqueira cousa!
Parabéns a todxs NÓS!
e me inclúo

(Texto de Xacobe Meléndrez Fassbender e fotografías de Begoña Pastoriza)

Begoña Pastoriza no periódico “de lúns a venres” (LV)

O periódico “de luns a venres” (LV) publica hoxe (1/2/2011) unha entrevista a Begoña Pastoriza, pola súa exposición de gravados na clínica Aiema de Santiago de Compostela, dentro do proxecto “…na espera” do colectivo arTeu.
Deixamos aquí tamén algunhas fotos para que vexades a obra colgada. Fermosisíma.

Na espera: Begoña Pastoriza na Clínica Aiema

A partir de mañá, 1 de febreiro, poderedes ver a expo de gravado de Begoña Pastoriza na Clínica Aiema, dentro do proxecto de arTeu “… na Espera”.
Se queredes coñecer máis acerca da sua obra (amáis de visitando a expo) podedes bruxulear en: