Nova exposición no Centro Oncolóxico de Galicia

A partir de mañán, venres 6 de febreiro, poderedes ver no Centro Oncolóxico de Galicia a exposición 3 anos despois, de Marta de Aguiar, artista angolana que vive en Porto (Portugal) onderealiza e coordina numerosas exposicións. A finais do ano pasado comisariou a exposición “ADUNTORIUM NON CONSTANT, na DaVinci Art Gallery, mostra colectiva a favor da loita contra o cancro.

A mostra que nos trae agora é unha retrospectiva do traballo realizado entre os anos 2012 e 2015, como ela dí, “de delicias e tristuras, unha mistura de emocións”. A exposición poderá visitarse durante os meses de febreiro e marzo.

?????? 3años

Novo espazo para o proxecto “… Na espera”

A partir do 15 de decembro contamos cun novo espazo para achegar a arte aos doentes, o Centro Oncolóxico de Galicia (A Coruña). Será Omar Kessel quen o inaugure coas suas fermosas obras, que encherán de cor a sala de espera e o pasillo, facendo que aqueles que esperan o seu tratamento o fagan nun ambiente máis agradable e poidan entreterse mirando óleos, litografías e debuxos. Esta priemira exposición estará até finais de xaneiro de 2012 e a ela seguirán as de outros/as artistas.