Obradoiro de Cianotipia

cartacesetembrolistoAgosto é mes de vacacións para moitas e moitos, polo que nos vemos na obriga de cambiar as datas do curso de cianotipia, esperando que o mes que vén xa esteades todas e todos aquí e vos apeteza anotarvos. Será os días 13 e 14 de setembro, de 10 a 14 e de 16 a 20 horas, no local da Asociación Cultural e Deportiva Garrulaxe(Cecebre).
Organiza: Asociación Cultural e Deportiva Garrulaxe e o colectivo artístico arTeu.
Imparte: Teresa Pedroso (Portugal)
Destinado a: Adultas/os que desexen iniciarse nunha técnica que ofrece gran cantidade de posibilidades artísticas (fotografía, pintura, gravado…). Tamén ten aplicación para botánica, para realización de ilstracións.. Maiores 16 anos.
Prezo: 40 € (material incluído), socias e socios 30 €.
Mínimo 7 alumnas/os e máximo 12.
Matrícula: Deberá facerse o ingreso no nº de conta ES52 2080 0048 2430 4000 3301 (asunto: Curso cianotipia), antes do 29 de agosto, e enviar un correo co xustificante a garrulaxe@gmail.com.

Obradoiro de Cianotipia en Cecebre (Cambre, A Coruña)

16 e 17 de agosto, de 10 a 14 e de 16 a 20 horas, no local da Asociación Cultural e Deportiva Garrulaxe (Cecebre).
Organiza: Asociación Cultural e Deportiva Garrulaxe e o colectivo artístico arTeu.
Imparte: Teresa Pedroso (Portugal)
Destinado a: Adultas/os que desexen iniciarse nunha técnica que ofrece gran cantidade de posibilidades artísticas (fotografía, pintura, gravado…). Tamén ten aplicación para botánica, para realización de ilstracións.. Maiores 16 anos.
Prezo: 40 € (material incluído), socias e socios 30 €.
Mínimo 7 alumnas/os e máximo 12.
Matrícula: Deberá facerse o ingreso no nº de conta ES52 2080 0048 2430 4000 3301 (asunto: Curso cianotipia), antes do 05 de agosto, e enviar un correo co xustificante a garrulaxe@gmail.com.
A cianotipia é un procedemento fotográfico antigo, que crea imaxes monócromas, en cor azul cian, de ahí o seu nome. Utiliza dous compostos químicos, o citrato de ferro amoniacal, e o ferrocianuro potásico. Foi inventada polo astrónomo John Herschel en 1842, que descubríu que algunas sales de ferro pasan de férricas a ferrosas pola acción dos raios UV, formando unha imaxe azul indisoluble á auga. Mías tarde sería Anna Atkins, botánica inglesa, quen o poñería en práctica realizando unha serie de ilustracións de botánica.
O procedemento consiste en crear un material fotosensible a partir das sales férricas, ao que se lle superpón unha imaxe positiva, que se expoñerá a unha fonte de luz ultravioleta (pode ser a luz solar). Despois se revelará con auga e quedará a imaxe no papel, de cor azul cian (Prusia ou turquesa).
A manipulación de productos químicos debe ser realizada con precaución, dada a toxicidade da mayoría deles, polo que o curso non é recomendado para menores.