Creatas I Feira de arte independente (Betanzos, antigo Matadeiro 22-30 decembro)

logoO colectivo arTeu, xunto con La Madriguera, estamos a organizar, para este Nadal Creatas, I Feira de arte independente en Betanzos. Será no antigo Matadeiro de Betanzos, durante os días 22 ao 30 de decembro (pechamos o 24 e 25). Nela participamos 12 artistas de Betanzos e a súa contorna (Carlos Botana, Pilar Cancio, Teresa Candal, Nieves CAstrolara, Inma Doval Porto, Mercedes Mored, Isabel Pintado, o colectivo Plankton, Polo e Xacobe Meléndrez Fassbender) e tres artistas portuguesas (Renata Carneiro, Miriam Rodrigues e Teresa Pedroso).

Este é a imaxe creada por Nieves Castrolara para identificar a Feira. Editaremos un pequeno catálogo en papel, tamén deseño seu.

Haberá tamén varias actividades durante a mostra, concertos, obradoiros artísticos e poesía. Contamos na equipa con Xosé Taboado Durán, que coordina todas as actividades musicais: ademáis del acturán Doa, César e Brais Morán, Paco Campos e Quintas Canella grupo. Todos eles presentarán os seus últimos discos. No eido das letras teremos con nós a Eva Veiga que presentará os seus últimos poemarios. O programa aínda non está pechado, polo qeu é posible que haxa novas incorporacións.

Promove o Concello de Betanzos e colaboran: a libraría Biblos, a escola de música Clave e o Rastro de Merce. E quen o desexe poderá tomarse alí un viño e degustar algún dos fantásticos pinchos que preparan na Artesa da moza crecha.

Toda a información estará dispoñible na web http://creatasbetanzos.tumblr.com/ na que iremos anunciando cada un dos eventos.