Portable

caixasPortable é un proxecto de intercambio artístico entre A Coruña, Londres e Ullapul (Escocia), no que participamos 12 artsitas, 4 de cada localidade. Arteu encárgase da coordinación dos artistas da Coruña. As exposicións terán lugra nos tres lugares, dende o mes de xuño ata outubro de 2015, e ademáis conlevarán unha serie de obradoiros, recitais poéticos e residencia de artista. Pola banda da Coruña participaremos Isabel Pintado Palacio, Carlos Botana, Xacobe Meléndrez Fassbender e Inma Doval Porto. De Londres, William M. Hudson, Elleanor Salt, Andrea Sinclair e Judith Brocklehurst, e de Ullapul, Ian Stephen, Joanne Kaar, Charlotte Watters  e Marian Leven. Ide anotando na axenda, a primeira exposición será en Londres, na Fordham gallery, unha galería fotante, nun barco que navegará e parará en distintas localidades ao sur de Londres, dentro dun festival artístico-cultural. A inauguració formará parte do First thursdays, o 4 de xuño  con inauguracións simultáneas, ese día a galería flotante estará en Hackney Wick area. Tamén en Londres se poderá visitar, despois, en Art in the park. En xullo terémola aquí e en setembro-outubro en Ullapul.

Isabel Pintado e Gustavo García Roig, “…na espera”

Durante o mes de xuño e xullo permanecerá colgada na Clínica Aiemá de Santiago a exposición “O mundo habitado” de Gustavo García Roig, dedicada á máxica presencia protectora da guardiana do dolmen de Axeitos.  Acompaña a exposicón a poesía de François Davó.

“…na espera” organizase tamén na Coruña, no Centro Oncolóxico de Galicia, na que nos vindeiros dous meses poderase contemplar as pinturas de Isabel Pintado nas que a luz xoga coas delicadas cores das obras.

Estas exposicións forma parte do proxecto do colectivo arTeu denominado “…na espera” que pretende buscar novos camiños para a comunicación artística, sendas complementarias as comecerciais e museísticas, que acheguen a arte ao cotiá, aos artistas ao seu público. Neste caso, trátase de achegar a arte aos doentes e familiares, facendo máis amena a espera.

Exposición “EnarborarObosque” no Castelo de Santa Cruz (Oleiros, A Coruña)

 

O vindeiro 22 de agosto, lúns, ás 20 horas, inauguraremos unha exposición colectiva, EnarborarObosque, no Castelo de Santa Cruz (Oleiros, A Coruña) na que participarán 59 artistas (plásticos, poetas e visuais). A exposición contará con parte das obras realizadas durante a xornada de Arte Reivindicativa ao Aire Libre Na Carballeira de Chaián, o 5 de Xuño de 2011. Pintura, Fotografía, Escultura, Escrita.
Contamos cunha inauguración poético musical, na que recitarán: Chelo Suárez, Chisco Fernández Naval, François Davó, Helena Villar Janeiro, Iolanda R. Aldrei, Lourdes Maceiras, Marina Cocós, Miguel Melero, Natalia Margalejo, Ramiro Torres e Xesús Rábade, e o… poeta e músico Mou de Lugh acompañará con Hang Drum. Será un fermoso evento.
Un 10% do recadado pola venda das obras irá á FEG (Federación Ecoloxista Galega).
Na exposición participan: Alfonso Rivero de Aguilar, Ana Fernández Otero, Ángel Segovia, Carlos Antón, Carlos Botana, Carlos Ináciu, Celia Pía, Delio Sánchez, Fran Montoiro, Helena Villar Janeiro, Inma Doval, Lourdes Maceiras, Mariano Casas, Marina Cocós, Mariña Maceirs, Nando Pereiro, Nolo Suárez, Pablo Morandeira, Paz Vicente e Violeta Meléndrez Doval. Ademáis haberá unha instalación “poemas na fronde” de Xacobe Meléndrez cun video de Diego Beltrán, fotografía de Xacobe e poemas de 39 poetas de distintas nacionalidades (galegos, mexicanos, costaricenses, cavoverdianos, portugueses…). Un total de 59 artistas.