Na espera: Juan Cabeza

A partir de mañá poderedes ver na Clínica Aima unha nova exposición do noso proxecto “… na espera” que como sabedes pon en contacto directo aos artistas co seu público, achegando á arte aos espazos da cotidianeidade, neste caso nas salas de espera das consultas médicas. Neste caso a mostra que poderedes ver nos vindeiros dous meses é a obra de JUAN CABEZA, escultor galego que traballa fundamentalmente o granito.