Lola García Saavedra expón no Centro Oncológico de Galicia

Durante os meses de xuño e agosto podedes ver no COG unha exposición de pintura de Lola García Saavedra. Na mostra achéganos a todas aquelas situacións vitais nas que, como dí Lola, “nada podemos facer por precipitar ou cambiar o curso dos acontecementos” neses momentos o mellor é buscar no interior, agardar no sosego. Algunha das obras está inspirada por algún dos 64 Hexagramas do libro I-Ching, texto milenario do pensamento Taoísta.

Lola é licenciada en Belas Artes pola Universidad Complutense de Madrid.