Paco Rocha e Lola Oviedo, "Na espera"

Este mes inauguramos duas novas exposicións dentro do noso proxecto “Na espera”.  Na Clínica Aiemá de Santiago de Compostela podedes ver os collages de Lola Oviedo da serie “Érase unha vez…”, nos que o mar está moi presente. No Centro Oncolóxico de Galica, o fotógrafo Paco Rocha expón duas series “Masa, Límite, Caos”, centrada en motivos vexetais, o que para el é a “orde natural” en contraposición ao “caos”, e “Ausencias e presencias”, o que el plantexa coma un xogo de buscas do evidente.

As duas exposicións estará abertas até finais do mes de maio. Animámosvos a que pasedes a velas.