Durante os meses de febreiro e marzo, no Centro Oncolóxico de Galicia pódese visitar unha exposición con ilustracións de Luz Beloso e textos de Miguel Ángel Alonso Diz. Forman un equipo fantástcio que xa conta con catro álbumes ilustrados: O cullarapo Croque, A nena á que non deixaban ser feliz, O soño de Esther e O valente coello que quixo soñar. Ademáis Miguel Ángel ten varios libros de poesía e participacións en obras colectivas, e Luz Beloso ten realizado numerosas exposicións. Nesta ocasión podemos ver algunhas das ilustracións de O cullarapo Croque e A nena á que non deixaban ser feliz, que enchen de cor e alegría o COG.
Arquivos da etiqueta: Luz Beloso
Novas expos do proxecto Na espera
Nos meses de abril e maio teremos dúas novas expos para achegar aos doentes á arte e facer máis agradable a súa espera. Nesta ocasión, no Centro Oncolóxico de Galicia (COG) estarán a fotografías de Maribel Longueira, da súa serie Blokeo ReXistencia, unha reflexión sobre o blokeo cubano, e a creación dun conflicto de reXistencia eXistencia. Unhas imaxes marabillosas que algúns e algunhas xa puidemos ver na Casa Museo Casares Quiroga, na Coruña, dentro do Outono Fotográfico.
E na Clínica Aiemá, de Compostela, algunhas das fermosísimas ilustracións que Luz Beloso realizou para os álbumes ilustrados O cullarapo Croque e A nena á que non deixaban ser feliz, escritos por Miguel Ángel Alonso Diz. Deixamos aquí dous video no que podedes ver a forza das imaxes realizadas por Luz para estas dúas obras.
O CULLARAPO CROQUE from AlonsoBeloso on Vimeo.
A NENA Á QUEN NON DEIXABAN SER FELIZ from AlonsoBeloso on Vimeo.