Na espera. MERCEDES MOLARES

Nova exposición de “… na espera”  iniciativa do colectivo “arTeu, arte + sociedad” para poñer en contacto directo aos artistas co seu público, achegando á arte aos espazos da cotidianeidade, fóra dos circuitos tradicionais.
 
Nesta ocasión mañán día 1, pola tarde estará montando á súa exposición na Clinica Aiemá de Compostela a artista Mercedes Molares. Os seus gravados permanecerán colgados nas salas de espera do Dr. Cajade durante os meses de xuño e xullo.
 
 
Mercedes Molares cursou “Artes aplicadas á escultura” e é titulada en “Cerámica artística” pola Escola de Artes Pablo Picasso da Coruña. Tamén recibíu formación en gravado na Fundación CIEC. Ten realizado numerosas exposicións.
Podedes ver máis información sobre ela e a sua obra na web www.molarescabana.com