A partir de hoxe e durante os meses de febreiro e marzo podederemos visistar a exposición de fotografía de Julio Soler na Clínica Aiemá (Santiago de Compostela). As obras estarán expostas até o 31 de marzo. Julio achéganos fermosas naturezas cheas de cores e vida atopadas no seu longo camiñar.
Arquivos da etiqueta: na espera
Novo espazo para o proxecto «… Na espera»
A partir do 15 de decembro contamos cun novo espazo para achegar a arte aos doentes, o Centro Oncolóxico de Galicia (A Coruña). Será Omar Kessel quen o inaugure coas suas fermosas obras, que encherán de cor a sala de espera e o pasillo, facendo que aqueles que esperan o seu tratamento o fagan nun ambiente máis agradable e poidan entreterse mirando óleos, litografías e debuxos. Esta priemira exposición estará até finais de xaneiro de 2012 e a ela seguirán as de outros/as artistas.
Carlos Botana «… Na espera»
Na espera… Juan Ondategui
Durante os meses de octubro e novembro poderedes ver as fermosas obras de Juan Ondategui nas salas de espera da Clínica Aiemá (Santiago de Compostela).

Paco Rocha nova artista «… na espera» na Voz de Galicia
Paco Rocha expón actualmente 10 fotografías nas salas de espera da Clínica Aiema, en Santiago de Compostela, a serie «Ausencias e presencias». A exposición enmárcase dentro do proxecto «… Na espera», de arTeu.
Paco Rocha «… na Espera»
Nova exposición de «… na espera», nesta ocasión e durante os meses de agosto e setembro podedes ver a exposición de fotografía de Paco Rocha, que baixo o tíduo «Ausencias e presenzas» presenta unha serie de fotografías realizada en branco en negro.
Na espera. MERCEDES MOLARES
Na espera: Juan Cabeza
A partir de mañá poderedes ver na Clínica Aima unha nova exposición do noso proxecto »… na espera» que como sabedes pon en contacto directo aos artistas co seu público, achegando á arte aos espazos da cotidianeidade, neste caso nas salas de espera das consultas médicas. Neste caso a mostra que poderedes ver nos vindeiros dous meses é a obra de JUAN CABEZA, escultor galego que traballa fundamentalmente o granito.
Begoña Pastoriza no periódico «de lúns a venres» (LV)
O periódico «de luns a venres» (LV) publica hoxe (1/2/2011) unha entrevista a Begoña Pastoriza, pola súa exposición de gravados na clínica Aiema de Santiago de Compostela, dentro do proxecto «…na espera» do colectivo arTeu.
Deixamos aquí tamén algunhas fotos para que vexades a obra colgada. Fermosisíma.
Na espera: Begoña Pastoriza na Clínica Aiema
A partir de mañá, 1 de febreiro, poderedes ver a expo de gravado de Begoña Pastoriza na Clínica Aiema, dentro do proxecto de arTeu »… na Espera».
Se queredes coñecer máis acerca da sua obra (amáis de visitando a expo) podedes bruxulear en:
|
|
|











