Na espera: Begoña Pastoriza na Clínica Aiema

A partir de mañá, 1 de febreiro, poderedes ver a expo de gravado de Begoña Pastoriza na Clínica Aiema, dentro do proxecto de arTeu »… na Espera».
Se queredes coñecer máis acerca da sua obra (amáis de visitando a expo) podedes bruxulear en:

 

Na Espera: Paz Vicente na Clínica Aiema

Dende o pasado venres e ata o 31 de xaneiro de 2011 se pode visitar a exposición «Dualidad», de Paz Vicente  na Clínica Aiema (rúa Domingo García Sabell, 3 baixo – Santiago de Compostela). Non vola perdades, son fotos fantásticas e cheas de poesía.

Aquí podedes ver algunhas fotos de como quedou a expo feitas por Paz Vicente.

Omar Kessel na Clínica Aiema (Santiago de Compostela)

A partir de hoxe podedes ver os fantásticos gravados de Omar Kessel na Clínica Aiema (r/Domingo García Sabell, 3, baixo, Santiago de Compostela), dentro do proxecto «na espera…» de arTeu. Artista cubano residente en Galicia dende hai máis de 10 anos, Omar Kessel é hoxe profesor e xefe de taller do CIEC (Betanzos, A Coruña). Ten unha gran traxectoria artística, con máis de 40 exposicións en Cuba, España, Luxemburgo, Estados Unidos, Perú, Brasil, México, Nicaragua…). Un artistazo!!!. Non vos perdades a súa expo, tedes a oportunidade de ver as súas fermosas litografías.

Eiquí algunhas fotos

 

«… na espera», con exposición de Inma Doval

“…na espera” é unha nova proposta de “arTeu, arte + sociedade” na procura de novos encontros entre o artista e o seu público. Tenta-se achegar a arte ao cotiá. Coa filosofía de que toda obra de arte ten o seu público, que hai que buscalo, damos as artistas unha nova posibilidade de expresarse a través da súa obra en espazos alternativos, fóra dos circuitos tradicionais, lugares nos que o encontro co traballo artístico sorprenda ao espectador: nesta ocasión eleximos a sás de espera dos médicos.

Comezamos este proxecto na clínica Aeima de Santiago de Compostela  (rúa Domingo García Sabel 3 –semiesquina Galeras), gracias á sensibilidade e boa acollida da idea mostrada dende o principio polo Doctor J. Cajade Frías e a súa equipa.

 “…na espera” en Aeima contará coas dúas salas e un total duns15 metroslineais para colgar obra plástica. A programación será bimensual, con 5 exposicións anuais.

 “arTeu, arte + sociedade” ten establecido contactos para realizar esta proposta en outros centros sanitarios, e esperamos poder ampliar a experiencia antes de rematar o ano a novos puntos da nosa xeografía.

 A exposición inaugural correrá a cargo de Inma Doval Porto, cofundadora de arTeu, que presentará a colección «Viramundo»  con 5 gravados e 2 pinturas sobre lenzo e táboa realizados con ténica mixta. Acompañaran ás obras dous poemas inéditos de Ramiro Torres.