Novo espazo para o proxecto “… Na espera”

A partir do 15 de decembro contamos cun novo espazo para achegar a arte aos doentes, o Centro Oncolóxico de Galicia (A Coruña). Será Omar Kessel quen o inaugure coas suas fermosas obras, que encherán de cor a sala de espera e o pasillo, facendo que aqueles que esperan o seu tratamento o fagan nun ambiente máis agradable e poidan entreterse mirando óleos, litografías e debuxos. Esta priemira exposición estará até finais de xaneiro de 2012 e a ela seguirán as de outros/as artistas.

Omar Kessel na Clínica Aiema (Santiago de Compostela)

A partir de hoxe podedes ver os fantásticos gravados de Omar Kessel na Clínica Aiema (r/Domingo García Sabell, 3, baixo, Santiago de Compostela), dentro do proxecto “na espera…” de arTeu. Artista cubano residente en Galicia dende hai máis de 10 anos, Omar Kessel é hoxe profesor e xefe de taller do CIEC (Betanzos, A Coruña). Ten unha gran traxectoria artística, con máis de 40 exposicións en Cuba, España, Luxemburgo, Estados Unidos, Perú, Brasil, México, Nicaragua…). Un artistazo!!!. Non vos perdades a súa expo, tedes a oportunidade de ver as súas fermosas litografías.

Eiquí algunhas fotos