O pasado domingo 8d8ás8 acudimos perto de 50 persoas á convocatoria «os espontáneos». Cadaquén levaba a súa obra, uns pendurada do pescozo, outros ondeando coma unha vela ao vento, nas máns, impresa nas costas nunha camiseta… Cando alguén debe pasear cunha obra de arte a imaxinación traballa á procura do xeito máis cómodo e visual.
Non podemos nomear a todos/as asistentes xa que éramos moitxs. Sentámonos frete ao antigo cárcere da Coruña coas nosas obras expostas ante a mirada dalgúns transeuntes, depois camiñamos cara á torre de Hércules e deitámonos fronte ao sol na rosa dos ventos. Fermoso o solpor, fermosos os versos que ramiro Torres, Natalia Margalejo e Concha Parga, escribiron e leron para nós, fermosa tamén a versión da garota de Ipanema que Laso interpretou coa guitarra acompañado dunha fermosa voz espontánea. Simpático o pasaxe qeu Alicia leeu de Wenceslao sobre A Coruña, comparándoa cunha nave mariña, e maravillosa, en definitiva, a compañía de tanta xente, vellos e novos amigos.
Habendo tamén «fermosas» palabras, sobran o resto, así que deixo unha pequena descripción dese momento feita por Concha Parga: «… Estivemos un anaquiño no paseo marítimo coma unha «exposición itininerante» cada quen coa súa obra (eu levaba un poema imprimido na parte traseira da camiseta ) e logo camiñamos xuntos cara á Torre. Dende alí, despois dunha divertida sesión fotográfica, un do grupo encargouse da «reportaxe», seguimos camiñando cara a Rosa dos Ventos e sentamos sobre o seu círculo, escoltados polo Faro de Hércules e o mar.
Entre o vento e o sol que agonizaba tinxindo de vermello o horizonte: as cores dos cadros competindo coa luz do crepúsculo, versos, prosa, música e canción . … Foi unha desas tardes que semellan pararse no tempo. Un grupo de xente que cre na súa obra e que non precisa apreixoala entre as paredes dunha galería de arte ou entre as páxinas dun libro, pinturas penduradas do sol , versos voando entre as oquedades do espacio, música e canción na procura da última claridade do día… O arte libre sobre a Rosa dos Ventos coma símbolo de universalidade…
»
Fotografías de Eduardo Castro
Fotografías de Paz Vicente
Fotografías de Jorge (Marcoarte)
Arquivos da etiqueta: os espontáneos
II CONVOCATORIA DE «OS ESPONTÁNEOS» 8DO8ÁS8
O vindeiro domingo, 8 do 8 ás 8 da tarde terá lugar a segunda convocatória de “OS ESPONTÄNEOS”, esperamos que poidades asistir e traer algunha das vosas. Se queres comunicar a tua arte, amosar a túa obra, non esperes mais, entre todxs realizaremos unha gran exposición colectiva, nun lugar inigualable, máxico, e poderá verla todo aquel/a que paseee pólo entorno da torre. Acude coa túa obra baixo o brazo, percorreremos os camiños da Torre de Hércules, o Xardín de Hércules coas nosas obras. Sen intermediarios, nunha fermosa exposición conxunta. Tamén poetas e poetisas, recitarán os seus versos nun marco incomparable, cando o sol empece a baiixar, entre menhires, músicos e músicas, todxs os que teñamos algo que dicir estaremos alá. É a 2ª convocatoria dos Espontáneos, proxecto de arTeu e SAMBENITO PRODUCTIONS.
Máis información www.arteu.es.
ACUDIDE
«Os espontáneos»
arTeu e Miguel Melero presentan «Os espontáneos«.
Acude ás nosas convocatorias cunha obra túa baixo o brazo, que se vexa ben, tes algo que decir, únete. O 28 de marzo ás 12 da mañá, na Praza da Quintana en Santiago de Compostela.
A arte sairá literalmente á rúa por sorpresa, no lugar e no momento máis inesperado. As convocatorias difundiránse a través da nosa web, da rede e do «pásao, pásao», con poucos días de antelación.
Tomaremos a Quintana, tomaremos a Bastilla, tomaremos a praza de…, despois tomaremos uns viños e uns pementos…
Aberto a todxs xs que queiran participar, non te quedes na casa.
Cada obra ten o seu público, hai que buscalo.
