Sábado 29: moitos eventos e sorpresas nas Conchiñas!!!!!!!!!

Como sabedes, o programa do vindeiro sábado dentro do festival Paralelo 43º 21′ 45″ A Coruña vai ser moi completo, se queredes asistir e participar en todo ides ter que andar ás carreiras (je, je). Podémosvos asegurar que se vos achegades ao barrio das Conchiñas-Agra non vos arrepentiredes. Aquí deixamos unha completísima programación. Os eventos terán 4 lugares de acción: Mercado das Conchiñas, Posición B (galerías Sta Margarita), final da rúa Barcelona e Praza das Conchiñas e durarán dende as 11.30 ata ás 24 horas:

MERCADO DAS CONCHIÑAS : 12 h proxección de “Os soños do mar” de Daniel López (Mandeo Records)

POSICIÓN B

 13 h. Proxeccións em super 8, interesante traballo presentado por Fernando Pujalte, sobre este soporte recente pero xa antigo.
18 h. Charla de “anime experimental” com David Pazos e Mariña Eiroa
Previa á charla de anime experimental, David e Mariña proxectarán dous cortos de  Koji Yamamura: Franz Kafka, un médico rural, adaptación do relato do mesmo nome de Franz Kafka, e  Bavel´s Book, baseaado no libro de Jose Luis Borges: El libro de los seres imaginarios.
Durante a charla se achegará ao autor dos cortos falando das súas técnicas e ifluencias, e ademáis nos darán as claves para entender o concepto de anime experiemental. Podedes ver máis no seu blog.
19 h. Sinatura de fanzines:

  • Sinónimos de lucro 
    “fanzine de variedades” no que se mixtura sen vergoña algunha cómics, ilustracións, entrevistas, relatos, fichas ou o que se tercie nun formato cómodo de 48 páxinas.
    Con tan só dous números no lombo, sinónimos xa pasou por mulititude de tendas, blogs e presentaciones tales como o salón de Barcelona, el Fnac, e agora o noso Paralelo 43 21 45 entre outros.
  • La mancha negra de Mariano Casas. Premio Castelao BD 2009, con Mensaxes
    Historia dun personaxe sumido en moitas crises: non só a persoal tamén a social, cultural, e sobre todo, económica que lle rodea. Odisea dun personaxe que aprendeu a vivir sen esperar nada, observar o mundo cunha mixtura de desdén, ironía e optimismo, mientras todo ao seu redor desmoronase.
  • Os lobos de Moeche de Manel Cráneo. 
    Despois de máis de 16 anos escribindo historietas curtas para fanzines e revistas, Manel afronta a súa primeira aventura gráfica en solitario despois de que a editorial Dibbuks apostara fai dous anos por Damsmitt, obra que fixo en colaboración con Kike Benlloch e que ata agora supuña a súa única obra en formato longo.
    Os Lobos de Moeche é unha historia de aventuras que transcurre a finais do século XV e que entremezcla personaxes históricos con outros de ficción nunha trama onde se producen varios saltos no tempo e que está salpicada de dramatísmo, violencia e sentimentos profundos. A obra sairá publicada pola nova editorial “Demo” en colaboración coa entidade Euroeume.

 20 h. Proxeccións de mediametraxes e cortos, que contarán coa presentación dalgúns dos seus autores:

  • O laberinto ario de Alfredo Pardo Hermida 
  • (m)2 de Xosé Abad, por Sandra G. Rey (estudio E.A.F.) 
  • Elixido (ver parte 1 – parte 2) de Chema Gagino (premio Mestre Mateo 2009 Mellor curtametraxe de ficción) 
  • Dies Dei de Nani Matos. 3º premio do xurado e premio do público na séptima edición do festival Internacional de Cine Solidari, CLAM 10 (Navarclés, Barcelona)
  • Cajón desastre e El escritor de destinos, de Caamaño Castro 
  • Nemo de Miguel Mariño e Ari Camiño (Alén Filmes)  (premio Mestre Mateo 2008, Mellor obra experimental).

 22 h Sesión VJ: Mercedes benz 220

 FINAL DA RÚA BARCELONA

 17 h Sesión demo de graffiti e “pulpo reggae sound” con Jacobo Jaspe (Pilo).

22 h Proxeccións na propia rúa dunha compilación de videos que non sobrepasan os 10 minutos:

 PRAZA DAS CONCHIÑAS: OBRADOIROS DE GRAVADO, BATIK, ABALORIOS DE RECICLAXE, PLÁSTICA INFANTIL E BROCHES DE FELTRO e exposición de obras dos artistas que imparten os obradoiros
Entre as 17 e as 20 horas podes achegarte ás carpas para escribir no libro “O teu barrio ideal” e poñer aquelo que cambiarías ou che gustaría que fixeran nel.

Permanecen montadas as exposicións artísticas en 45 establecementos comerciais: peluquerias, xoierías, froiterias, talleres mecánicos, bares… onde oleos, gravados, fotografías, vídeos, instalacións, esculturas, maquetas… conviven coas meracadorias, promocionando cultural e comercialmente o barrio e facendo que o público acceda a arte no seu día a día.

Obradoiros do sábado

O sábado 29 deste mes o paralelo 43º 21′ 45″ A Coruña estará cheo de sorpresas.

Na praza das Conchiñas haberá durante todo o día obradoiros para nenxs e adultxs:

OBRADOIRO DE GRAVADO

11.30-14 h E 17-20 h
Impartido Ali Ali, artista sirio.

O artista introducirá a todo aquel que queira achegarse no fascinante mundo do gravado. A técnica empregada será a punta seca, sobre unha matriz de cobre, que cada quen aprenderá a traballar, entintar e estampar, puidendo levar a súa casa un pequeno gravado realizado por sí mesmo.

Principiantes con o sin coñecementos previos.

A partir de 7 anos. Prazas limitadas por orden de chegada. Quendas de 8 persoas cada 1 ½ h
Cada asistente poderá levarse un gravado feito por el/ela.

OBRADOIRO BATIK

11.30-14 h E 17-20 h
Impartido por Olga Gorbunova, artista e deseñadora rusa.

Pintura sobre seda “Batik”, basado nunha técnica artesana oriental, procedente da illa  de Java coa que se pintaban teas naturais. Na actualidade utiñçizase para a creación de cadros de interior, prendas de vestir e complementos varios.

A partir de 12 anos. Prazas limitadas por orden de chegada. Principiantes con o sin coñecementos previos. Duración de cada obradoiro 2 horas. 8 persoas por quenda.

Cada asistente poderá levarse un pano decorado por el/ela.

OBRADOIRO BIXUTERÍA RECICLAXE

11.30 a 14 horas
Impartido por Paula Tomé, artista galega.

Obradoiro destinado a aprender a realizar bisutería a partir de materias reciclados, neste caso se utilizarán papeis de periódico, folletos, cartóns… que mixturados con cola de carpinteiro, auga, fariña e sal farán hermosas contas para armar colares ou outros adornos.

A partir de 6 anos. Prazas limitadas por orde de chegada. Máximo 8 rapacxs em duas  quendas. 1 ¼ hora..

OBRADOIRO DE BROCHES DE FELTRO

17-20 h
Impartido por Alba Pardo, artista e educadora social.

Neste obradoiro deseñarán, realizán e levarán para ás súas casas  divertidos broches con forma de animais, flores, bonecas, etc. A partir de pequenos pedazos de feltro poderán crear chamativos broches para customizar as prendas e obxectos preferidos a partir de divertidas plantillas.

De 6 a 12 anos. ½ hora de duración.
Máximo 10 nenos e nenas por quenda.
Prazas limitadas por orde de chegada

OBRADOIRO DE ARTES PLÁSTICAS PARA NENOS E NENAS

De 11.30-14 h

Impartido por Ana Castiñeiras, ilustradora galega.

Se realizarán traballos con tizas de cores (“un museo sen paredes”), pintaremos con ceras en cartolina, moldeado con plastilina e un curioso mural con pintura de dedos que se expoñerá pola tarde na mesma carpa. Imos facer arte entre todxs e para todxs, dunha maneira pouco convencional pero moi sinxela e divertida.
Nenos e nenas de tódalas idades. Quendas de 10 rapacxs cada hora aprox.

Pola tarde nunha das carpas haberá exposición de obras dos/as artistas que imparten os obradoiros para a súa promoción e venda.

O sábado que ven: plásticas e visuais no barrio

Aínda que ao longo da semana engadiremos máis novas sobre o vindeiro sábado, adicado ás artes plásticas e visuais, aproveitamos agora para poñer o enlace ao blog de Serial Experiments, no que hai unha fermosa reseña ao noso festival. Mariña Eiroa e David Pazos, autores de Serial Experiments estarán con nós ese día cunha charla de anime experimental no local da asociación Posición B (Galerías Sta Margarita) ás 18 horas. Queremos agradecerlles a súa participación neste festival.
Previa á charla de anime experimental, David e Mariña proxectarán dous cortos de  Koji Yamamura: Franz Kafka, un médico rural, adaptación do relato do mesmo nome de Franz Kafka, e  Bavel´s Book, baseaado no libro de Jose Luis Borges: El libro de los seres imaginarios.
Durante a charla se achegará ao autor dos cortos falando das súas técnicas e ifluencias, e ademáis nos darán as claves para entender o concepto de anime experiemental. Podedes ver máis no seu blog.

máis enlaces ao Paralelo

O Paralelo 43º 21′ 45″ A Coruña, segue a súa andadura, e os medios, prensa, blogues… dan boa conta delo. O pasado sábado foron as artes escénicas e o vindeiro lle tocará ás plásticas. Aquí deixamos algúns novos enlaces:

La Voz de Galicia (13 maio)
La Voz de Galicia (19 maio)
El Ideal Gallego (22 maio)
El País
Blog Agra del Orzán
Blog do Castrillón
Gente digital
Cultura galega
Blog de Igualdade e participación cidadá
Sociala Caixa Galicia
Blog de Eduardo Estévez
A Coruña Cultura
O levantador de minas
Ceniza en las flores
Gente digital
Cultura galega
Serial experiments
El buen oasis
Blog de Elizabeth Ross
Bisionesgraphicasreales
arTeu

O laberinto de Ariadna

VIDEOS E FOTOS SOBRE O PARALELO:

por Begoña Pastoriza


por Xacobe Meléndrez


por Begoña Pastoriza

Outros videos: Elizabeth Ross

Actuacións do sábado 8 no Paralelo 43º 21′ 45″ A Coruña

Estos son os grupos musicais que actuaron o sábado dentro do festival. Grazas a todxs, disfrutamos moitísimo. Grazas tamén a Tsunami por asumir o concerto de Fresquiños, programado en principio para La Colmena e qeu por mor do fútbol tivemos que cambiar, a verdade é que foi todo un éxito.

Orquestra Tumbalobos
Xurxo Souto
Axlubi-X, Papis Diao e Mr Thiepe
Pinnacle
Fresquiños
Chamito el Flako
Ekilibrio
E os DJs Mimetic e Enma Rodríguez