Duas novas exposicións “Na espera”

Hoxe comezan duas novas exposicións “Na espera”. Por unha banda, na Clínica Aiemá de Santiago estrán expostas as obras de Delio Sánchez, “Alén da Ulla”, as maravillosas paisaxes que Delio nos trae dende o seu entorno, cheas de cor e vida. Pinceladas soltas, cargadas de textura e luz.

No Centro Oncolóxico de Galicia (A Coruña) unha mirada mais urbana, a de Roi Alonso e a sua serie “Fragmentos”, arquitecturas da cidade compostelá cun estudo de luces e sombras, de pequenos matices que como día Roi nos permiten  “ver a cidade e a arquitectura dun xeito lento, tranquilo, sen présas”.