Local dispoñible, almacén cultural

François Davo. Fotografía de Xacobe Meléndrez. Obras do fondo de Ada Porto

O sábado 14 de decembro tivo lugar a primeira actividade dentro do proxecto Local dispoñible, almacén cultural. Case un centenar de persoas poideron disfrutar do recital de poesía dos membros do Grupo Surrealista Galego.

Tati Mancebo. Fotografía de Xacobe Meléndrez. Obras do fondo de Ada Porto

Xoán Abeleira. Fotografía de Xacobe Meléndrez. Obras do fondo de Ada Porto

Xoán Abeleira comezou a súa intervención presentando o grupo e rompeu o xeo cun audio no que el mesmo recitaba mentras Alberto Laso acompañaba coa música.

Alfredo Ferreiro. Fotografía de Xacobe Meléndrez. Obras do fondo de Ada Porto

Alfredo Ferreiro deu un bo avance do seu novo poemario, ainda inédito e Tati Mancebo agradeceu a Raúl Doval o tempo pasado como docente na Academia Roma, que durante moitos anos estivo neste local. Seguíu François Davo, que repartíu versos manuncritos en tarxetas postais, conseguindo así a intervención do público, Begoña Paz, con poemas que pasaron veloces como raiolas de luz, moi fermosos e pechou Ramiro Torres que recitou poemas do seu libro Esplendor arcano. Despois todas e todos compartimos un viño, conversa e visitamos as salas nas que están expostas as obras de Xacobe Meléndrez, Ada Porto e Inma Doval, fotografía, pintura, gravado e escultura.

Continuaremos realizando actividades, e se alguén está interesado ou interesada no local pode chamar ao teléfono: 616838142.E quen desexe ver a obra alí exposta pode chamar ao 630389100 ou ben 658495579.

Berros no roncar das ondas no Castelo de Santa Cruz

O día 2 de agosto quedou inaugurada a exposición Berros no roncar das ondas no Castelo de Santa Cruz (Oleiros). As fotografías de Xacobe Meléndrez cos versos de Bernardino Graña, penduran, mariñas, na pedra do castelo. A exposición poderá visitarse até o día 14, de luns a venres de 11 a 14 e de 18 a 21, sábados de 11 a 14.   (foto: Ceida)

foto: Tati Mancebo

Onte, nun entorno inigualable tivo lugar a presentación do libro que, co mesmo título, acompaña a exposición e que contén ademáis das fotos os poemas completos que voan en cada unha delas. Na presentación ademáis de Xacobe, Carlos Vales e Xurxo Souto, estaba o grande poeta, Bernardino, de novo chamando o mar, cálido, poético, forte e simpático. Nun atarceder no que viaxaban fermosas e lixeiras as verbas e as cores, nun diálogo da fotografía e a poesía co seu gran aliado, o mar, éramos moitas e moitos os que puidemos disfrutalo.

O venres o libro presentarase na feira do libro da Coruña, ás 18.30, e de novo estaremos coa maravillosa compañía de Bernardino, xunto con Teresa Seara e Xacobe.

Foto: Alfredo Ferreiro