Local dispoñible, almacén cultural

François Davo. Fotografía de Xacobe Meléndrez. Obras do fondo de Ada Porto

O sábado 14 de decembro tivo lugar a primeira actividade dentro do proxecto Local dispoñible, almacén cultural. Case un centenar de persoas poideron disfrutar do recital de poesía dos membros do Grupo Surrealista Galego.

Tati Mancebo. Fotografía de Xacobe Meléndrez. Obras do fondo de Ada Porto

Xoán Abeleira. Fotografía de Xacobe Meléndrez. Obras do fondo de Ada Porto

Xoán Abeleira comezou a súa intervención presentando o grupo e rompeu o xeo cun audio no que el mesmo recitaba mentras Alberto Laso acompañaba coa música.

Alfredo Ferreiro. Fotografía de Xacobe Meléndrez. Obras do fondo de Ada Porto

Alfredo Ferreiro deu un bo avance do seu novo poemario, ainda inédito e Tati Mancebo agradeceu a Raúl Doval o tempo pasado como docente na Academia Roma, que durante moitos anos estivo neste local. Seguíu François Davo, que repartíu versos manuncritos en tarxetas postais, conseguindo así a intervención do público, Begoña Paz, con poemas que pasaron veloces como raiolas de luz, moi fermosos e pechou Ramiro Torres que recitou poemas do seu libro Esplendor arcano. Despois todas e todos compartimos un viño, conversa e visitamos as salas nas que están expostas as obras de Xacobe Meléndrez, Ada Porto e Inma Doval, fotografía, pintura, gravado e escultura.

Continuaremos realizando actividades, e se alguén está interesado ou interesada no local pode chamar ao teléfono: 616838142.E quen desexe ver a obra alí exposta pode chamar ao 630389100 ou ben 658495579.

Xacobe Meléndrez Fassbender “Na espera”, no COG

Durante os meses de agosto e setembro estará nas salas de espera do Centro Oncolóxico de Galicia (A Coruña) a exposición “Caiuco, fame e migración”, de Xacobe Meléndrez Fassbender. É unha nova oportunidade de ver esta fermosa mostra que xa estivo na cidade hai dous anos e que representa unha metáfora dos movementos

migratorios que cada día atravesan os océanos. A fame dende unha mazá, chea de cor e poesía.

A exposición de Gustavo García Roig, “O mundo habitado” continuará duranto todo o mes de agosto na Clínica Aiemá de Santiago. Gustavo achéganos coa sua fotografía ao dolmen de Axeitos.

Homenaxe a Bernardino Graña

E medrou o Mar ! abofé, o sábado día 1 de setembro, coa compañía do sol e unha brisa mariña que nos trouxo arrecendos oceánicos a misturarse cos dos óleos e os acrílicos, entre lenzos, táboas e papel. Cos sorrisos da rapazada nos contos, a emoción vívida dxs poetas e Bernardino ao final da mañán, orgulloso do seu fillo, o artista-músico da familia, e de ter sido nomeado Cabaleiro do Mar no Campo da Rata, perto da torre de Hércules.

O retrato, agasallo de Cubeiro, apertas e máis apertas que como capas ían superpondoselle no lombo e coas que o poeta ía crecendose.

Na tarde “proa ao mar, rachando as ondas, duros, sempre de fronte” que é a recomendación que nos fixo para encarar estes tempos difíciles e o seu “queremos gobernar nós, non os partidos políticos, que nos deixen a NÓS!”, lucidez e rebeldía en todos os rumos, decindonos que a súa palabra é “a súa palabra”. Unha “derrota” polo mar da Coruña reivindicando idioma na toponimía e lembrando anécdotas. Memorable recibimento gaiteiro coa súa marcha ate o paraninfo, onde se sumou o coro que botou máis aloumiños no seu peto, no seu peito.

Exposición dalgunhas das obras realizadas na mañán e entrada apoteósica ao Paraninfo, trescentas persoas de pe agarimando ao poeta cos seus aplausos. Un acto sinxelo e equilibrado, música, vídeos, representación institucional, unha escolla dxs amigxs escritorxs… coa dimensión e a frescura precisas, a tensión contida a medrar baixo a batuta do patrón maior o Xurxo e a súa bugina, e a letanía “medre o Mar”… para o “San Roquiño” como confesou sentirse Bernardino, sempre a rir e o primeiro de si mesmo.

Cada anécdota coas que rematou onte cargada de maxisterio. E o final a entrega dos agasallos e a saida, cos seus amigos, cos seus lectores cruzandolle o camiño interumpindo o desembarque. Saudas, apertas e máis música no claustra do Reitorado. Recollendo todo a “cooperativa” de reporteiros montada para a ocasión, temos moita materia prima coa que traballar agora. E fin….  non a festa non podía rematar o bardo non nolo perdoaría, precisaba dunha “taberna infame” onde bebemos, rimos, cantamos e bailamos, e Bernar tamén cunha enerxía que nos venceu, o capitán foi o último en abandonar o barco. El marchou rúa abaixo con Carmen e Cáccamo, nós cara a alta Cidade Vella e tomamoslle ainda a penúltima. Cando despois recollimos o coche e emprendimos a retirada ao noso refuxio no interior da Fraga de Cecebre… nova sorpresa, estaba na terraza diante da Xeladería Italiana de Porta Real disfrutando dun postre doce para o que foi unha xornada na que disfrutou coma nunca, coma sempre.

Soños cumpridos! medrou o MAR! e como el dixo GRACÍSIMAS ao traballo de todxs nós.
Eu sigo aprendendo que nese paso do eu ao nós, do que falou Manolo Rivas, está a clave.
Cando todos bogamos na mesma dirección somos capaces de calqueira cousa!
Parabéns a todxs NÓS!
e me inclúo

(Texto de Xacobe Meléndrez Fassbender e fotografías de Begoña Pastoriza)

Berros no roncar das ondas no Castelo de Santa Cruz

O día 2 de agosto quedou inaugurada a exposición Berros no roncar das ondas no Castelo de Santa Cruz (Oleiros). As fotografías de Xacobe Meléndrez cos versos de Bernardino Graña, penduran, mariñas, na pedra do castelo. A exposición poderá visitarse até o día 14, de luns a venres de 11 a 14 e de 18 a 21, sábados de 11 a 14.   (foto: Ceida)

foto: Tati Mancebo

Onte, nun entorno inigualable tivo lugar a presentación do libro que, co mesmo título, acompaña a exposición e que contén ademáis das fotos os poemas completos que voan en cada unha delas. Na presentación ademáis de Xacobe, Carlos Vales e Xurxo Souto, estaba o grande poeta, Bernardino, de novo chamando o mar, cálido, poético, forte e simpático. Nun atarceder no que viaxaban fermosas e lixeiras as verbas e as cores, nun diálogo da fotografía e a poesía co seu gran aliado, o mar, éramos moitas e moitos os que puidemos disfrutalo.

O venres o libro presentarase na feira do libro da Coruña, ás 18.30, e de novo estaremos coa maravillosa compañía de Bernardino, xunto con Teresa Seara e Xacobe.

Foto: Alfredo Ferreiro

Berros no roncar das ondas

Video da exposición de Xacobe Meléndrez Fassbender “Berros no roncar das ondas”, fotografías suas con versos de Bernardiño Graña, penduradas nos balcóns da rúa do Carmo en Carril. As fotografías foron creadas para os X Encontros de Embarcacións Tradicionais. Aquí quedan algunhas fotos da exposición realizadas por Maribel Longueira.

Video da presentación

Artigo de Xacobe Meléndrez na revista cultural Tempos Novos

No número de xullo da revista “Tempos novos” aparece publicado o artigo “un galego en fotoespaña”, de Xacobe Meléndrez fassbender, un percorrido por esa mostra á que acompaña unha reflexión sobre o presente e futuro do mundo fotográfico en Galicia.