TRÓCOCHO

TRÓCOCHO é un proxecto de arTeu arte + sociedade,  colectivo artístico formado por Xacobe Meléndrez e Inma Doval. Pretende achegar a arte dos máis pequenos á sociedade ao tempo que desenvolve a creatividade na infancia. Con este proxecto ofrécese a oportunidade a nenos e nenas entre 6 e 12 anos de conseguir os contos que máis lle gustan a cambio dun debuxo ou unha pintura.

 OBXETIVOS

 1. Achegar a arte dos nenxs á sociedade

2. Desenvolver a creatividade na infancia

3. Fomentar a lectura

4. Afianzar a autoestima nos nenxs

5. Valorar o esforzo a través da expresión plástica

 

PROXECTO

 O proxecto ten o seu inicio nunha libraría infantil da Coruña, a libraría Quimbamba, grazas á boa acollida da idea por parte de Marta e María Castro, sempre dispostas a encher o mundo dos nenos e nenas coa maxia dos contos, e que lle deron cabida dentro das numerosas actividades que realizan para achegar os nenos/as á lectura.

A libraría Quimbamba creouse no ano 2007. Trátase da primeira libraría da Coruña pensada unicamente para o mundo infantil e na que cada día se pensan proxectos que axudan a introducir a rapaces/as no mundo das letras, dende contacontos ata obradoiros de escritura de poemas. É ademais unha libraría que aboga por unha educación a través do conto fóra dos esquemas clásicos de Disney, fóra dos tópicos, unha educación pola igualdade, pola convivencia e a conservación do medio. Sempre á procura de novas editoriais, de novos contos, ten ademais unha interesante colección de álbunes ilustrados, nos que teñen cabida moitos dos mellores escritores/as e ilustradores/as galegos da actualidade. Tamén teñen unha pequena sección de xogos didácticos e creativos para os máis pequenos/as. 

Con TRÓCOCHO cada mes un neno ou unha nena expoñerán as súas obras de arte (pintura, debuxo, gravado…) na libraría, convivindo cos libros. Previamente farán unha selección de contos da libraría que lles gustaría ter, e polos que estarían dispostas/os a trocar a súa obra de arte. Os cadros estarán á venda aínda que o prezo non se marcará en diñeiro senón en contos, será un deses libros, o que o pequeno/a artista decida para cada obra. As obras deberán ser creadas a conciencia, pensando que deben realizar algo bo para poder ser exposto, o esforzo forma parte da filosofía do proxecto.

  BASES:

 1. Poderán participar todos os nenos e nenas que o desexen, con idade comprendida entre 6 e 12   anos.

Todo aquel/a que desexe participar deberá solicitarllo ás responsables da libraría Quimbamba

 

1. As exposicións poderán ser individuais ou colectivas, según criterio da libraría e tamén da preferencia do artista.

2. A duración da exposición será dun mes,  puidendo prolongarse por necesidade da libraría, sempre e cando o/a neno estea de acordo.

3. As obras deberán estar debidamente presentadas, nun soporte ríxido. No caso de lenzos será suficiente co bastidor, non precisan enmarcado, se se trata de obra en papel deberá ir protexida cun cristal,  metacrilato ou similar.

4. Poderán empregarse calquera das técnicas plásticas: pintura, debuxo, gravado, escultura… 

5. O tema da exposición será libre. A familia do neno/a procurará animalo/a a que expoña unha serie coherente e non un conxunto de obras sen conexión. 

6. Na libraría realizarsase unha listaxe coas obras expostas e o conto obxeto do troco, que estará a disposición de quen o queira consultar, para facilitar o mesmo.

7. As obras que se troquen non poderán ser retiradas da libraría ata que a exposición remate, agás casos excepcionais. 

8. Seleccionaranse un, dous ou tres artistas por mes, que coincidirán coa orde de solicitude de exposición. No caso de que alguén non puidese na data que se lle asigna intentarase busca unha data alternativa.

9. As obras deberán entregarse na libraría 15 días antes da exposición, de non ser así pasarase ao seguinte neno/a.

10. No blogue da libraría Quimbamba www.librariaquimbamba.com colgaranse fotografías de cada unha das exposicións.

11. Todas as obras que non cumplan algún dos requisitos mencionados serán rexeitadas.

Descargar TRÍPTICO